Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Informática El Corte Inglés, Dell e AMTEGA amosan en Santiago tecnoloxías “que unen”
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Informática El Corte Inglés, Dell e AMTEGA amosan en Santiago tecnoloxías “que unen”

Redacción
Publicado: 24/09/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

encontro_tecnoloxico_galicia15.jpgInformática El Corte Inglés, coa colaboración de Dell, celebra hoxe en Santiago de Compostela o Encontro Tecnolóxico Galicia15 baixo o título Transformación Dixital, as tecnoloxías que nos unen. O obxectivo desta xornada, que comezou ás 10.00 horas e se desenvolve ata despois do xantar (remata ao fío das 16.30), é debater sobre o camiño cara a Administración Electrónica, os pasos dados e os pasos que fican por dar, amais de “amosar as últimas tendencias” na materia e amosar, en definitiva, as tecnoloxías que xuntan, integran e universalizan coñecemento e servizos. Ao longo da xornada representantes de firmas referencias no ámbito TIC e de institucións públicas centradas no impulso tecnolóxico. Falarse de mobilidade, a nube, a impresión 3D, a Internet das Cousas ou as Cidades Intelixentes.
A xornada foi inaugurada por Juan Antonio del Río, director de Canle de Dell, Josep Aracil, xerente de Informática de El Corte Inglés e Mar Pereira, directora de AMTEGA. Na sesión de apertura, os relatores coincidiron na importancia de non deixar pasar o carro da evolución das novas tecnoloxías, “por moitos e variados motivos vantaxosas para administracións públicas, empresas e cidadanía”. Neste senso e co fin de tirarlles o máximo partido, Aracil sinalou que cómpre que superemos unha serie de retos, “retos que están sobre todo en nós mesmos, nas persoas”, e pasar logo a afianzarnos nunha reflexión continua de como as TIC axudan a termos confianza, a dar valor e a achegar produtividade e competitividade.
Pola súa banda, Mar Pereira fixo un percorrido polas infraestruturas e estratexias TIC da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, AMTEGA, emprazada no mesmo complexo arquitectónico no que se desenvolve a xornada. Entre outras cousas referentes á eAdministración, a columna vertebral do encontro convocado por Informática El Corte Inglés, Pereira lembrou que “a prioridade do Goberno galego na modernización da Administración para 2020 é culminar o traballo realizado nos últimos catro anos, consolidando os servizos electrónicos postos en marcha e conseguir un tecido público que funcione integramente de xeito dixital”. Un obxectivo, dixo, que conta cunha folla de ruta aprobada en marzo deste ano, o Plan de Administración e Goberno Dixital 2020.
Pereira recordou tamén que este plan conta cun investimento de 27,7 millóns de euros, e que un dos seus principais retos é o de acadar unha administración accesible, “áxil nas respostas, con capacidade para anticiparse ás necesidades das sociedade, eficiente no uso dos recursos públicos e que ofrece ao cidadán unha visión única e ben integrada da Administración”. Tamén lembrou que co desenvolvemento do Plan permitirase “un aforro anual estimado de máis de 41 millóns de euros”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?