Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ingresa na RAGC Ramón Doallo, catedrático da Electrónica e Sistemas da UDC e co-fundador de Torus
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ingresa na RAGC Ramón Doallo, catedrático da Electrónica e Sistemas da UDC e co-fundador de Torus

Redacción
Publicado: 24/09/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

doallo_real_academia_ciencias-2.jpgOnte formalizouse a incorporación á Real Academia Galega das Ciencias (RAGC) dun dos máximos expoñentes do noso panorama de investigación electrónica e TIC, falamos de Ramón Doallo Biempica, profesor, investigador e emprendedor da Universidade da Coruña (é co-fundador dunha das firmas máis innovadoras do noso panorama tecnolóxico, Torus). O acto de ingreso na entidade de Doallo celebrouse na sede da mesma no Pazo de San Roque (Santiago) e acompañouse dun discurso do novo académico titulado No camiño da computación exaescala. Logo de pronuncialo, foille entregada unha medalla de mans do presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos, e máis un diploma que recibiu de mans do reitor da Universidade da Coruña, Xosé Luís Armesto.
Como lembraremos, Doallo é catedrático no Departamento de Electrónica e Sistemas da Universidade da Coruña (UDC), que se integra na Sección de Ciencias Técnicas.
O seu ingreso, sinala a RAGC, parte da rolda de incorporacións á institución ao longo deste ano, no que están a entrar seis novos académicos de diversas áreas de coñecemento.
doallo_academia_ciencias_grupo.jpgAo acto asistiron, entre outros, o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Juan Viaño; o vicepresidente do Consello da Cultura Galega, Francisco Díaz-Fierros; e o director do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), Javier García Tobío.
Ramón Doallo doutorouse en Física pola USC e é profesor titular e xefe do Grupo de Investigación en Arquitectura da Computación na UDC. Ten 23 anos de experiencia en investigación e desenvolvemento no campo da Computación de Alto Rendemento (High Performance Computing, HPC), cubrindo unha ampla gama de temas, como compiladores e linguaxes de programación para HPC, algoritmos e aplicacións paralelas e distribuídas, xestión de infraestruturas HPC, computación distribuída, arquitectura do procesador, computación gráfica e sistemas de información xeográfica distribuídos. As súas publicacións sobre estes temas superan as 120.
Foi investigador visitante no Centro de Supercomputación de Investigación e Desenvolvemento e no Departamento de Ciencia da Computación, ambos os dous da Universidade de Illinois (EEUU). Até o de agora, liderou 40 accións de investigación (proxectos, redes de investigación, etc.) financiados por axencias nacionais e internacionais, institucións públicas e empresas privadas. Na actualidade ocupa tamén a xefatura da Escola Internacional de Doutoramento da Universidade da Coruña.
No eido do emprendemento, Doallo é co-fundador da empresa de base tecnolóxica Torus Software Solutions, que ofrece solucións de software de comunicacións ultrarrápidas que permiten acelerar aplicacións en contornas nas que o rendemento é crítico, en especial nos ámbitos financeiro, das telecomunicacións e da enerxía. A empresa está participada pola UDC e pola Fundación Barrié a través do seu Fondo de Ciencia e recibiu xa varios premios polo seu compoñente innovador.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?