Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

S. P.
Publicado: 27/11/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Proseguen as actividades de divulgación con enfoque igualitario desenvolvidas polo Clúster TIC Galicia, dando a coñecer nos centros educativos referentes femininos que motiven ás rapazas para escoller o seu futuro profesional segundo as súas capacidades e intereses, non atendendo a estereotipos. Estamos a falar do programa Que non te líen, ti elixes, impulsado pola Xunta de Galicia (e no que colaboran as profesionais do Clúster e das empresas membro). Estes días a iniciativa recalou no Colexio Compañía de María de Cangas e no IES As Barxas de Moaña, entre outros.

Yudani Riobó, responsable de innovación na empresa tecnolóxica Quobis, e Lluvia Mª Montero, técnica de Recursos Humanos e responsable de Igualdade e Diversidade en FEMXA, compartiron a súa traxectoria co alumnado destes colexios, demostrando que o talento non ten xénero e que cada estudante pode elixir libremente o seu camiño.

Así mesmo, Sandra Ameijeiras, directora da área TI na firma Dos Espacios, e Tamara Cutrín, responsable de Persoas e Cultura na firma Teimas, contaron ao alumnado de 3.º e 4.º da ESO do IES Lamas de Abade de Santiago de Compostela e do IES Macías o Namorado de Padrón como é traballar no ámbito tecnolóxico, onde as mulleres teñen menor presenza que os homes.

Como dixemos, o Clúster TIC Galicia participa unha edición máis no programa Que non te líen, ti elixes desenvolvido polas consellerías de Emprego, Comercio e Emigración e de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta. O obxectivo desta iniciativa é aumentar a presenza de mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados como o TIC (siglas de Tecnoloxías da Información e a Comunicación), contribuíndo a unha sociedade máis xusta e equitativa.

Para isto, un total de 13 mulleres profesionais de nove empresas socias estanse a desprazar durante o mes de novembro a distintos centros educativos da Coruña, Pontevedra e Lugo para ofrecer charlas didácticas e promover debates entre o alumnado de 3º e 4º da ESO, impulsando “unha elección profesional libre de prexuízos de xénero”, segundo informou o Clúster.

Trátase de mulleres referentes de éxito no ámbito das Tecnoloxías da Información, onde a presenza feminina é máis reducida, de forma que poidan servir de exemplo ás novas xeracións: Dulce Mª González (Cinfo), Lucía Martínez (Cinfo), María Xosé Saborido (Dinahosting), Natalia García (R), Yudani Riobó (Quobis), Tamara Cutrín (Teimas), Jessica Penela (Aldaba), Irene González (NTT DATA), Miriam Breijo (NTT DATA), Jennifer Dubra (NTT DATA), Lluvia Mª Montero (Grupo Femxa) e Sandra Ameijeiras (Dos Espacios).

Ademais, dende o ano pasado o programa tamén inclúe contidos relacionados coa presenza de homes en empregos considerados tradicionalmente feminizados, co obxectivo de rachar cos prexuízos ou estereotipos de xénero, tanto masculino como feminino, nas diferentes ocupacións.

Esta é a sétima edición de Que non te líen, ti elixes na que participa o Clúster TIC Galicia, reforzando o seu apoio a unha iniciativa que nesta convocatoria chegará a un centenar de centros de educación secundaria de toda a nosa comunidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026
Actualidade

A Cidade das TIC acolleu a presentación de cinco proxectos innovadores galegos

27/11/2026
Actualidade

Andrew Harmel-Law defende unha arquitectura de software máis colaborativa e menos xerárquica

27/11/2026
Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?