Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto SOLA (USC) recibe case un millón de euros da Unión Europea
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto SOLA (USC) recibe case un millón de euros da Unión Europea

Redacción
Publicado: 24/09/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

RedEmprendia, integrada por 28 universidades de 8 países (Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, España, México, Perú e Portugal) é a rede universitaria máis importante de Iberoamérica en emprendemento e transferencia de I+D, así o demostran proxectos como o SOLA (Spin-Off Lean Acceleration), que resultou merecedor de case un millón de euros a través do programa Erasmus+ da Unión Europea para fortalecer iniciativas empresariais de alto impacto nadas da Universidade.
Achegándonos ao proxecto SOLA, cómpre dicir que este persegue a mellora das competencias e habilidades do persoal técnico de incubadoras e parques científicos para identificar e consolidar empresas de base científica e tecnolóxica, nace coa vontade de promover a aceleración de startups e spin-off no eido universitario de Europa e América Latina. Co financiamento da UE (924.892 euros) introduciranse itinerarios formativos en catro institucións de educación superior latinoamericanas e outras catro europeas, entre elas a nosa Universidade de Santiago de Compostela.
Os módulos formativos abranguerán aspectos como a metodoloxía Lean Canvas, a redefinición estratéxica de startups, a propiedade industrial e certificación de calidade, e a internacionalización de empresas.
No consorcio do proxecto participan dúas universidades estatais -a Universidade Autónoma de Madrid e a Universidade de Santiago de Compostela-, a Universidade do Porto (Portugal) e a Universitá della Calabria (Italia). Dende América Latina, dúas universidades brasileiras -a Universidade Estadual de Campinas e a Universidade de São Paulo- e dúas colombianas: a Universidade de Antioquia e a Universidade EAFIT.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?