O Grupo Topdigital de Telecomunicacións, o maior distribuidor de Vodafone no ámbito español, anunciou hoxe a apertura dunha nova tenda Vodafone en Vigo, un establecemento que sumar ao do Centro Comercial Catro Camiños da Coruña que anunciamos esta mañá e a 10 puntos de venda máis, puntos de venda novos, no resto do territorio estatal. A tenda da que falamos agora, situada no centro comercial Travesía de Vigo local 16 (rúa Travesía de Vigo, 202), amplía a súa rede de distribución estatal, que xa conta con máis de 200 tendas repartidas por toda España.
Este novo establecemento de arredor de 100 metros cadrados, estrea a nova imaxe 2.0 de Vodafone: con terminais en demostración, espazos máis abertos, disposición dos elementos pensada na experiencia do cliente e un profesional data expert adicado en exclusiva á configuración de dispositivos e á solución de problemas técnicos.
Os espazos máis visibles, a tecnoloxía, a cualificación dos profesionais e a experiencia do cliente son os principais factores que se tiveron en conta para a apertura desta tenda que estrea novo modelo de xestión.
Coma no caso da tenda da Coruña, ao longo de toda a semana terán lugar na propia tenda diversas actividades para celebrar a inauguración deste novo punto de atención ao cliente: realizarase un sorteo mañá (mércores, 30 de setembro, ás 19:00 h) dunha televisión LG de 22 polgadas entre todos os visitantes da tenda que depositasen unha postal na caixa de correos.
Tamén se entregará un obsequio a cada un dos visitantes que asistan á tenda cunha factura dalgún operador da competencia só por recibir unha contraoferta.
Nova tenda Vodafone en Vigo da man de Topdigital
Compartir Este Artigo

