Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Observatorio da Cultura salienta un medre do ebook nos nosos fogares do 70%
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Observatorio da Cultura salienta un medre do ebook nos nosos fogares do 70%

Redacción
Publicado: 29/09/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ccg_2015_as-tic-redes-e-cultura.jpgSeguimos a falar do “cousas electrónicas” e da súa presenza nos nosos fogares e hábitos logo de darmos conta esta mañá do último informe ao respecto do Ministerio de Industria. Os datos dos que imos informar agora cóllennos máis de preto en todos os sentidos e, polo tanto, revístense dunha importancia moito maior: son datos extraidos do máis recente documento de traballo do Observatorio da Cultura Galega (DT-OCG), o estudo As TIC, redes e cultura, unha investigación que avalía en detalle a nosa relación (a das galegas/os) coas novas tecnoloxías como mediadoras e canalizadoras do noso achegamento aos libros, á música ou ao audiovisual. O libro electrónico é o gran protagonista do informe: ascendeu un 70% no último ano, en parte grazas ao mellor equipamento tecnolóxico dos nosos fogares, en parte por mor dun uso máis frecuente do mesmo (máis contidos para subir, máis redes sociais, máis blogs).
Do estudo despréndese que a maior presenza destes hábitos culturais é consecuencia e complemento lóxico doutras cifras complementarias que non deixan de medrar. Por exemplo, o número ordenadores nos nosos domicilios, que se incrementou en 4,2 puntos en 2014 con respecto ao ano anterior (con tendencia á alza), ficando agora nun 72,6%. Ademais, a televisión está no 99,3% das nosas casas e só a radio retrocede tres puntos ao rexistrar un 77,3% de usuarios en 2014. Consecuencia de todo isto e dun afianzamento máis claro e fortalecido das actividades diarias en liña é o crecemento do libro electrónico cunha suba do 70% e unha presenza nas nosas vidas do 16,5%, unha cifra que, malia ser salientable, anda lonxe “do que acontece en Madrid e no Euskadi, onte teñen unha cota de uso dun 33,1% e dun 27,5% respectivamente”, explica o Observatorio.
O informe, con todo, vai alén de todo isto e serve como análise do emprego que a cidadanía galega fai das tecnoloxías. Entre as máis usadas atópanse as seguintes: a busca de información sobre bens e servizos a través de Internet e o uso do correo electrónico, seguidos da lectura e descarga de novas, xornais e revistas de actualidade na Rede. Neste último servizo, as e os galegos superan a media estatal en 10 puntos porcentuais, un 87,3% fronte a un 77,6%. Así mesmo, cada vez son máis as persoas que manexan os servizos da banca electrónica, é dicir, un 50,5% dos usuarios galegos e un 49,1% do total de España.
ebook-3.jpgO DT-OCG tamén constata que a idade segue a ser un factor decisivo no emprego da Rede: todas as persoas novas tira partido dela, taxa que vai caendo a medida que a idade aumenta (en 2014, só o 25% dos que teñen máis de 65 anos declaran unha utilización frecuente da Internet).
Polo que atinxe aos indicadores de comercio electrónico por parte dos galegos e galegas, en 2014 medraron en case 270.000 as persoas que mercaron por Internet con respecto a 2013. “O uso máis frecuente”, explícase, “é para mercar entradas de concertos ou espectáculos, feito que compartimos coa media estatal; séguelle a compra de equipamentos electrónicos e informáticos, libros (incluídos os electrónicos), revistas e xornais”. Porén, na nosa terra caeu de forma salientable a merca de filmes e música, que pasan dun 23,3% en 2013 a un 16,4% en 2014,
No informe tamén se indica que a cidadanía galega manexa as redes sociais en primeiro lugar para “relacionarse” e, en segundo lugar, “para estar informada”. As máis empregadas son Facebook, Twitter, Google +, Instagram e LinkedIn. No tocante á navegación, as páxinas galegas máis visitadas polos internautas en 2014 foron lavozdegalicia.es, mundo-r.com, farodevigo.es, meteogalicia.es e xunta.es. No que concirne ao servizo de mensaxería, o WhatsApp segue a ser “o servizo preferido”, cun 92,4% de usuarios, que medra 6,8 puntos con respecto ao ano anterior. Facebook Messenger e Skype tamén soben, pero dun xeito máis limitado.
A investigación conclúe que tanto en Galicia coma no conxunto de España, as cinco actividades principais dos internautas son: ler novas de actualidade, visualizar vídeos en liña, consultar previsións meteorolóxicas e mapas e escoitar música.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?