Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En marcha un marketplace galego que xunta provedores e demandantes de contidos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

En marcha un marketplace galego que xunta provedores e demandantes de contidos

Redacción
Publicado: 30/09/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

losredactores.jpgEstes días vén de chegar á Rede unha iniciativa galega chamada Losredactores.com que sería, en palabras dos seus responsables, o primeiro mercado de contidos para blogs que permite a unión entre quen posúe páxinas web e quen estaría disposto a escribir nelas. Dito doutro xeito: o portal xunta provedores de información con empresas que a demanden. O obxectivo sería promover as web das segundas nos buscadores, incrementar visitas, gañar reputación na Rede e aumentar a presenza dos seus perfís nas redes sociais. Losredactores.com facilita e achanda o camiño dos propietarios de páxinas cara aos xeradores de contidos, e faino creando para todos eles un marketplace de compravenda. O portal vén da man do emprendedor galego Borja García.
O servizo, integrado no grupo de portais galegos Donwebmaster, ten o engadido extra de axilizar os procedementos precisos para que un redactor consiga visualizar axeitadamente unha web nos buscadores (manténdoa nos “postos altos” cada vez que se siga xerando información). Este carácter de proceso inmediato conséguese, precisamente, dándolle ao portal feitura de mercado en liña. Así, os demandantes ou clientes poden mercar os artigos que lles sexan de interese a través de Paypal logo de examinar se a información ofrecida é acaida para os seus obxectivos.
Para os provedores de contidos, Losredactores ofrécelles a posibilidade de escribir artigos a través dun panel sobre o tema que máis lles guste: unha vez rematado o texto deberán escoller o prezo polo que queren vendelo, e logo a propia web adicarase a buscar blogueiros que o merquen. Segundo os creadores do portal “este método está a xerar grandes beneficios a persoas con todo tipo de estudos”. De feito, sinálase, para escribir ben sobre un tema o máis importante é ter coñecemento sobre o mesmo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?