
Segundo palabras de Mariano Pelizzari, director executivo de Travelgenio, “o feito de que acadáramos entrar na listaxe de Inc. Magazine demostra que o esforzo da nosa compañía por ofrecer os mellores servizos, chegando cada vez a máis mercados internacionais, é o camiño no que debemos seguir traballando”.
Pelizzari tamén lembra que o plan de espallamento internacional de Travelgenio permitiu que a día de hoxe a compañía teña presenza na práctica totalidade dos mercados europeos, no mercado norteamericano (Estados Unidos e Canadá), en América Latina (Brasil, Arxentina, México), e países como Singapur, Rusia, Australia ou Nova Zelandia.
Recordar que a axencia en liña Travelgenio comezou a súa andaina en 2010. Entre os seus obxectivos figura o de ofrecer os mellores prezos en voos a través do seu buscador na Rede, amais de achegar a baixo custe produtos de viaxes como seguros de viaxes, hoteis e o aluguer de coches, todo dispoñible a través da súa páxina web.
A axencia en liña Travelgenio, a firma estatal que máis medrou en 2014
Compartir Este Artigo

