Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Moovit chegará antes de que remate o ano a tres cidades galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Moovit chegará antes de que remate o ano a tres cidades galegas

Redacción
Publicado: 01/10/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

moovit--644x362.jpgA ferramenta Moovit, dirixida a fornecer máis eficiencia nas viaxes en transporte público,vai chegar antes de que remate o ano ás cidades galegas, máis polo miúdo a Vigo, Pontevedra e Ferrol. Coa incorporación destas tres urbes, Moovit estará dispoñible en 25 cidades do eido estatal. Como lembraremos, Moovit é unha aplicación para dispositivos sobre transporte público en tempo real que permite facer cousas como ver imaxes en vivo de como serán os traxectos que nos interesa percorrer ou recibir todo tipo suxestións fiables das rutas máis rápidas e cómodas en cada intre. Arestora conta con 28 millóns de usuarios en todo o mundo e ten presenza en 700 cidades de 58 países.
Respecto ao espallamento do que vai ser obxecto na contorna estatal, sinalar que amais das devanditas tres cidades galegas, estrearase tamén en Bilbao, Gasteiz, Sevilla, Zaragoza, Lleida, Toledo, Huelva e Cidade Real. Segundo fixo saber nunha entrevista con Efe o vicepresidente de innovación e mercadotecnia da compañía, Álex Torres, a compañía ten plans para abranguer coa súa actividade ata 100 países. Entre as novidades dadas coñecer por Torres tamén figura a de incorporar servizos de información sobre a rede de taxis nalgunhas cidades (cousa que xa está a levar a cabo en urbes como Tel Aviv e vaise aplicar en Bogotá ou Santiago de Chile). Torres engadiu que Moovit quere ser unha aplicación de transporte “multimodal”, que xunte distintos medios para chegar a un destino final de forma rápida e barata.
Como lembraremos, a ferramenta foi lanzada en 2011, e conta con especial presenza en cidades como Nova York, Londres, Roma, Madrid, Barcelona ou México DF. Ao longo da súa traxectoria recibiu o Choice Award (elección dos usuarios) do MTA App Challenge 2013 e foi escolmada entre as 10 start-ups con máis proxección de Israel.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?