A AMTEGA en colaboración coa Fundación Vodafone, pon en marcha o proxecto Aprende a usar o smartphone para introducir ás persoas maiores no manexo de smartphones, actividade, que arranca o luns 5 de outubro, chegará a 29 aulas da Rede que ofertan preto de 500 prazas. Cada un dos centros CeMIT que participan nesta iniciativa disporá de diversos terminais telefónicos para facilitar a aquelas persoas que non dispoñan deles o seu manexo. Ademais, os participantes recibirán uns manuais en papel que recollerán dunha forma visual sinxela as operacións básicas (acender, chamar, gardar números, etc) así como exemplos de aplicacións básicas e de interese este colectivo.
As aulas implicadas disporán, tamén, dunha serie de vídeo pílulas formativas breves e moi prácticas, que servirán de material de apoio audiovisual á hora de formar dunha maneira fácil e á medida da persoa interesada.
As persoas interesadas na asistencia a estas iniciativas formativas poderán consultar as súas datas de realización e formalizar a súa inscrición na páxina web da rede CeMIT onde tamén poderán atopar os datos de contacto de cada unha das aulas para resolver ás dúbidas que poidan xurdir.
As vantaxes que ofrece o uso destes teléfonos para as persoas maiores son innumerables en aspectos relacionados coa súa seguridade (xeolocalización, teleasistencia…), a posibilidade de gozar novas formas de lecer (lectura, música, libros, xogos, turismo, museos, monumentos, cultura, gastronomía, TV…), maior relación cos demais (redes sociais, intercambio de fotos e vídeos, mensaxería por Internet,…), un acceso máis rápido a información (noticias e prensa en liña…), aplicacións de servizos xerais (accesibilidade, administración electrónica, m-saúde), en calquera lugar e a calquera hora.
A rede CeMIT impulsará o uso de smartphones entre as persoas maiores
Compartir Este Artigo

