Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: EDISA presenta ante ducias de profesionais internacionais a nova versión de Libra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

EDISA presenta ante ducias de profesionais internacionais a nova versión de Libra

Redacción
Publicado: 02/10/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

edisa_libra-2.jpgHai 32 anos botaba a andar a multinacional ourensá EDISA. No presente, a empresa está de estrea, trátase do lanzamento da nova versión do produto estrela da casa: o software de xestión empresarial Libra, que sairá ao mercado a nivel mundial o vindeiro mes de novembro. Co gallo de dar a coñecer este produto, EDISA reunirá mañá (sábado 3 de outubro, ás 12 h) no Parque Tecnolóxico de Galicia (Rúa Ourense, nº 2 da Tecnópole) a 150 empregados procedentes das súas cinco sedes espalladas por toda España e das catro internacionais, situadas en Colombia, Ecuador, México e República Dominicana.
EDISA decidiu celebrar este evento en Ourense por tratarse da súa sede fundacional e porque é na Tecnópole onde a empresa ten o seu centro de I+D para todo o mundo. Os empregados serán recibidos este sábado polo presidente e fundador, Alfonso Amorín, e polo director xerente, Carlos Suárez.
Para saber algo sobre a nova versión do dito software, cómpre dicir que Libra é unha plataforma tecnolóxica desenvolvida por EDISA para facilitar ás empresas a súa xestión cotiá en todas as fases da cadea de manexo de datos, produción, comunicación ou distribución.
A plataforma, con adaptacións específicas para máis de 30 sectores, inclúe a día de hoxe máis de 2500 aplicacións que abranguen a totalidade de procesos dunha empresa, integrando a todos eles nunha mesma interface. A nova versión, denominada Libra 6, “optimiza a explotación de datos, a automatización de procesos, o traballo na nube, a mobilidade –coa súa adaptación a smartphones– e a integración en rede con todos os axentes cos que opera a compañía, dende os clientes e os provedores ata a administración e os bancos, amais de achegar as ferramentas máis avanzadas desenvolvidas polo noso socio tecnolóxico, Oracle”, detalla o director de EDISA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?