Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Alumnos e profesores do Colexio Fogar Afundación participan activamente no salón de impresión dixital C!Print
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Alumnos e profesores do Colexio Fogar Afundación participan activamente no salón de impresión dixital C!Print

Redacción
Publicado: 05/10/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cprint_2014.jpgAbanca vén de dar a coñecer que o Colexio Fogar Afundación, unha iniciativa de formación profesional da entidade financeira galega, participará desde mañá e ata o vindeiro 8 de outubro no Salón C!Print Impresión Dixital, Téxtil e Personalización, en palabras de Abanca unha xuntanza en Madrid “das máis destacadas empresas e recoñecidos profesionais no eido da creación e impresión dixital”. O centro educativo, que xa estivo presente na edición do ano pasado, foi convidado de novo a participar nesta experiencia. Nesta ocasión, como novidade, sete dos seus estudantes foron seleccionados para formar parte da organización.
Ademais, dous dos profesores do departamento de artes gráficas do Colexio Fogar, Ricardo Fernández Costas e Nuria Casal Fernández, pronunciarán tres relatorios durante o evento: Novos proxectos en formación, Impresión UV e Corte e gravado Láser. Unha combinación de éxito e Novas aplicacións e solucións de negocio coa tecnoloxía UV e de Impresión e Corte de Roland.
Na cita, como dixemos, xuntaranse empresas referentes no plano internacional no ámbito da fabricación de maquinaria de impresión dixital. Presentaranse todas as novidades do sector gráfico e os profesionais asistentes terán a oportunidade de ampliar a súa formación nas distintas conferencias e demostracións programadas. Segundo informan os profesores Nuria Casal e Ricardo Fernández, “Para o Colexio de Afundación esta experiencia resulta especialmente interesante xa que pon en valor a formación do noso alumnado, que estará a desenvolver traballos no espazo Plug & Play da propia feira e no stand dun dos colaboradores do centro formativo, Roland DG, o maior fabricante de plotters de impresión e corte a nivel internacional”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?