Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: #Gastromeetconserva expón perante blogueiros de toda España as calidades das nosas conservas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

#Gastromeetconserva expón perante blogueiros de toda España as calidades das nosas conservas

Redacción
Publicado: 05/10/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

gastromeetconservas_europublic-3.jpgA semana pasada, o venres 2, celebrouse no Espazo Mood de Madrid o evento blogueiro #Gastromeetconserva, organizado dende Vigo pola Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixe e Marisco (ANFACO-CECOPESCA). A cita, na que se xuntaron algúns dos máis representativos bitacoreiros estatais sobre cuestións gastronómicas, interveu (facendo en vivo unha demostración nos fogóns e botando man de produtos do mar) Diego Gallegos, premio ao cociñeiro revelación 2015. Máis polo miúdo, o evento reuniu a representantes de blogs e portais de gastronomía tan referencias como Cocinaland, Diario de Gastronomía, El Comidista, Gastroactitud, Las Cosas del Comer, Gastronotas de Capel, Con el morro fino o Loleta, xunto a outros xornalistas gastronómicos.
Todos eles, informa ANFACO-CECOPESCA, tiveron ocasión de “coñecer as inmensas posibilidades que as conservas de peixes e mariscos ofrecen á cociña actual, a través dunha sesión de showcooking na que Diego Gallegos, propietario do restaurante malagueño Sollo e gañador do premio chef revelación 2015, puxo sobre os fogóns toda a súa creatividade e saber facer, con resultados espectaculares”. Xunto aos xornalistas e blogueiros, asistiron tamén Esperanza Orellana, subdirectora xeral de Promoción Alimentaria, e Aurora de Blas, subdirectora xeral de Economía Pesqueira, do MAGRAMA.
A xornada contou tamén cunha presentación do sector galego das conservas de produtos do mar e da acuicultura, a cargo de Juan M. Vieites, secretario xeral de ANFACO-CECOPESCA, quen salientou “que a industria conserveira española é un referente internacional, cunha ampla e completa oferta de produtos e preparacións, ofrecendo aos consumidores uns produtos de contrastada calidade, avalada ademais por grandes expertos en gastronomía do panorama mundial”.
O evento #Gastromeetconserva dá continuidade ao encontro de bitacoreiros celebrado o ano pasado en Vigo, e reafirma a aposta de ANFACO-CECOPESCA pola comunicación 2.0 como estratexia para as conservas no ámbito da cociña de vangarda. Esta actividade enmárcase dentro da campaña de promoción das conservas de peixes e mariscos que ANFACO-CECOPESCA desenvolve durante o ano 2015 coa colaboración do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e o Fondo Europeo de Pesca.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?