Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A segunda edición de Galicia Open Future acubilla medio cento de proxectos innovadores das catro provincias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A segunda edición de Galicia Open Future acubilla medio cento de proxectos innovadores das catro provincias

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/10/2015
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

gof_galicia_open_future.jpgA segunda edición de Galicia Open Future, o centro de crowdworking posto en marcha na Cidade da Cultura por Telefónica -en colaboración coa axencia autonómica AMTEGA-, está xa a pleno rendemento achegando formación e asesoramento a medio cento de proxectos innovadores das nosas catro provincias e máis do norte de Portugal. En concreto, trátase de 48 iniciativas, 20 da Coruña, 12 de Santiago, 7 de Vigo, 3 de Lugo, 3 de Ourense e outras 3 de Vilagarcía, Tui e norte de Portugal; iniciativas que, como lembraremos, atópanse en diferentes fases de desenvolvemento (hainas que son propostas e no outro extremo hai xa algúns comercializándose).
Ademais e malia contar cun substrato común (as TIC), abranguen sectores diversos: a madeira, a saúde, o motor, a agricultura, etc.
Galicia Open Future atópase arestora mergullada na súa segunda edición. Na primeira fase da mesma, os responsables dos proxectos elaborarán cadanseu plan de negocio. Para isto, recibirán asesoramento e adestramento dun completo elenco de especialistas procedentes de Telefónica e os seus centros de coworking e crowdworking, con amplos coñecementos en materias como a mercadotecnia, o comercio electrónico ou a busca de financiamento. Os emprendedores terán tamén ocasión de compartir experiencias con outros proxectos de todo o mundo involucrados no programa de innovación Open Future de Telefónica -no que se integra Galicia Open Future-, e que xunta novas empresas, investidores e entidades públicas e privadas de todo o mundo. Igualmente disporán dunha axuda de 2.000 euros achegada pola Axencia Galega de Innovación (GAIN). Isto polo que respecta á primeira fase.
Pola provincia da Coruña, os proxectos que están a concorrer a día de hoxe na segunda edición de GOF son os seguintes: SMEV (solucións software e hardware para grandes eventos), Apparece (aplicación enfocada á busca de persoas ou cousas), Bare Wave Rider Buoy (boia para detectar a dirección das ondas no mar), E-monte (plataforma dirixida ao sector forestal e centrada na compravenda de madeira), Insulclock (desenvolvemento de dispositivos de última xeración para a administración de insulina e control da diabetes), Lagunal (creación de humedais), LexPrevia (plataforma web orientada á prestación de servizos xurídicos en liña e de baixo custe), MD IUS Inovation (modelado e simulación computacional de ciclodextrinas e os seus derivados para aforrar tempos e custes de investigación), Nubings (plataforma enfocada á xestión e control de casas intelixentes), Prefapp (creación dun servizo que automatice o proceso de despregue de aplicacións en calquera contorna, outorgando liberdade aos desenvolvedores para elixir e configurar diferentes stacks cos que traballar e poder independizar así as aplicacións do provedor no que se acubillan), Proxecto Wimbag (ferramenta para coñecer en todo intre e a través do móbil o estado e o lugar no que se atopa o envío dun paquete ou equipaxe), SetPay (TPV móbil que facilita a empresas e autónomos aceptar pagos con tarxeta en calquera intre e lugar) e S-REC (recomendador intelixente).
gof_segunda_edicion_iniciativas.jpgPola provincia de Pontevedra, os proxectos son Refly (navegador integrado de APIS), Pekeagenda.com (axenda electrónica para escolas infantís que permite ás familias estar ao día de toda a información referente aos seus fillos), Evernight (rede social e ferramenta dirixida aos locais nocturnos dunha cidade que permite coñecer onde están os nosos amigos), KITeKAR (proxecto de mobilidade persoal), proxecto de Adrián Paramés González (trátase dunha aplicación con propostas para practicar deporte en espazos ao aire libre nos que previamente se situaron códigos QR con videos cifrados nos que se explica que exercicios se poden realizar e como levalos a cabo para evitar lesións), Forginx (plataforma de compras internacionais para profesionais da forxa libre), Rhinometrics (métricas de negocio para plataformas SAAS) e VoxelCraft (plataforma colaborativa para facer proxectos para a Internet das Cousas).
Por Lugo, as iniciativas son Keko Tukos (desenvolvemento de aplicacións móbiles para nenos), Muuusy (ferramenta móbil dirixida a facilitar o día as día das empresas do sector gandeiro e que permite xestionar dende datos de produción a realizar o seguimento do tratamento veterinario das reses) e Nudoss.com (plataforma especializada en cruceiros e na que os viaxeiros poden atopar todo tipo de datos, dende produtos a ofertas pasando por servizos, ou compartir experiencias con outros usuarios.
Pola provincia de Ourense, os proxectos son iBeeAgro (sistema de xestión integral baseado na agricultura de precisión e dirixido a optimizar a produción e asegurar a calidade e a eficiencia das explotacións agrícolas, xa que permite facer cousas como consultar o estado dos cultivos ou configurar alarmas, ou xerar e compartir na Rede modelos de predición), AutoFarm (desenvolvemento de sistemas de automatización industrial para os sectores gandeiro, agrícola e piscícola, e encamiñado á creación de granxas intelixentes) e Meigalabs (desenvolvemento de xogos e aplicacións móbiles).
Como dixemos, este ano incorpórase a Galicia Open Future unha achega portuguesa, concretamente LabFun by NorthWeb (actividades, experiencias científicas e xogos de realidade virtual aumentada, para nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?