
O premio foi creado pola entidade francesa Fundación Prospectiva e Innovación. Entregarase en Hong Kong o vindeiro 24 de novembro no marco da Mostra Internacional China da Nova Enerxía, na que tamén serán galardoadas outras 19 cidades europeas e 20 chinesas que destacan pola súa mobilidade intelixente.
A respecto deste galardón, o Concello de Pontevedra valorou moi positivamente que se recoñeza o traballo do goberno local no ámbito das Smart Cities, un traballo que, recorda, vén de moi antigo: “Desde o ano 1999, a cidade está a recuperar espazos públicos para os cidadáns, aumentando as oportunidades de mobilidade para persoas con discapacidade, promovendo a autonomía dos nenos, creando as condicións adecuadas para un estilo de vida saudable, aumentando a seguranza viaria e a sensación de seguridade, redución nas emisións de gases e contaminación acústica”.
No ámbito máis puramente TIC, Pontevedra acadou repercusión informativa por cousas como os paneis que subministran información de interese nos dispositivos dos turistas ou as medidas vindeiras para fomentar a participación cidadá pola vía da Rede e os dispositivos (concorrencia veciñal nos plenos de goberno). Ao premio Euro China, cómpre engadir o recibido o ano pasado en Dubai por mor da súa aposta pola innovación, a inclusión social e a calidade urbana.
Pontevedra acada un premio Smart City en Hong Kong
Compartir Este Artigo

