Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone presenta a xira de obradoiros empresariais Fast Forward, que pasará pola Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone presenta a xira de obradoiros empresariais Fast Forward, que pasará pola Coruña

Redacción
Publicado: 07/10/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

vodafone_1774758b.jpgVodafone fixo públicos este martes os detalles da súa iniciativa Fast Forward, programa de sesións formativas e motivadoras dirixido a profesionais e empresas que “buscan aumentar a competitividade e facer máis rendibles os seus negocios”. E, tamén, a converter as súas ideas e os seus proxectos en realidade. Segundo informa a compañía, trátase dun proxecto que marca as diferenzas con respecto a ouros semellantes: “É unha iniciativa transformadora e diferente deseñada para ofrecer todo o preciso en innovación e tendencias”. O programa artéllase nunha xira de 30 eventos que pasará por outras tantas cidades do ámbito estatal. Respecto da nosa terra, a parada será na Coruña o día 4 de febreiro.
O itinerario de eventos abranguerá relatorios e obradoiros especializados en comercio electrónico, internacionalización, redes sociais, innovación, posicionamento web, sistemas de xestión ou mantemento no tempo de clientes, entre outras cuestións ligadas ás TIC e aos negocios.
O obxectivo é situar Internet e as solucións avanzadas de conectividade “como o epicentro de desenvolvemento de moitas ferramentas e habilidades que poden adquirir durante as xornadas”. Ao fío deste punto, Vodafone lembra que as porcentaxes e uso de tecnoloxía e Internet nas empresas e profesionais españois “son aínda baixas”. Así, segundo os estudos recentes dos que bota man a operadora, “menos do 30% dos autónomos teñen website, e existe un déficit de coñecemento xeneralizado nos beneficios reais que supón a Rede nos negocios”.
As sesións Fast Forward empezan na cidade de Alacante. O aforamento é limitado, só 100 asistentes por cada evento. Os contidos das sesións teñen buscan achegar a cada participante a un coñecemento ou experiencia práctica que poida aplicar na súa actividade empresarial trala sesión.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?