Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación Telefónica inclúe dúas iniciativas galegas entre os finalistas dos seus premios ao ensino TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación Telefónica inclúe dúas iniciativas galegas entre os finalistas dos seus premios ao ensino TIC

Redacción
Publicado: 08/10/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

premios_apertura730x390.jpgA Fundación Telefónica incluíu dúas iniciativas galegas de innovación no ensino (os proxectos Barxilón no mar de Latón, do IES As Barxas de Moaña e Unha educación para o Século XXI, do CPI O Cruce de Cerceda), entre a ducia de finalistas do Premio Escolas para a Sociedade Dixital 2015, uns galardóns dirixidos a salientar e distinguir os esforzos a prol de comunidades educativas integradas co mundo dixital, “optimizando a través das TIC os procesos de ensino nas aulas”. Segundo informa a Fundación Telefónica, cada finalista recibe un premio de 1.000 euros cada un. Todos eles terán que presentar en novembro as súas propostas perante unha comisión de expertos, e en febreiro do ano vindeiro celebrarase a entrega de galardóns. O primeiro premio é de 9.000 euros e o segundo de 4.000.
Polo que respecta ás iniciativas galegas, Unha educación para o Século XXI (que ten presentación de seu en YouTube) consiste en boa medida en achegar un cambio de rumbo para o futuro do centro do que abrolla, enfocando esta nova estratexia “a fomentar as competencias dixitais do alumnado, a internacionalización e a súa integración no mundo laboral mediante a incorporación das TIC, o fomento da innovación e a avaliación continua dos estudantes e da actividade dos docentes”. Polo que atinxe a Barxilón no mar de Latón, tamén ten vídeo de presentación propio en YouTube e consiste, brevemente, nun libro ilustrado obra de 150 alumnos de 3º e 4º de la ESO do CEIP A Rúa (Cangas), do CEIP Espiñeira (Aldán), do IES Sánchez Cantón (Pontevedra) e do IES Xulián Magariños (Negreira), ademais do IES As Barxas. Segundo se fai saber, os estudantes colaboraron e traballaron en todos os treitos da iniciativa, dende a escolma dos textos ata a distribución, pasando polas tarefas de ilustración e maquetación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?