Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Illa de San Simón acubillará un obradoiro de start-ups tecnolóxicas de 72 horas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Illa de San Simón acubillará un obradoiro de start-ups tecnolóxicas de 72 horas

Redacción
Publicado: 08/10/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_3_day_startup_vigo.jpgEsta semana presentouse a segunda edición dunha iniciativa destinada a facilitar entre os nosos estudantes os recursos máis indicados para convertérense en emprendedores e innovadores. Estamos a falar do evento 3 Day Startup Vigo, unha actividade de balde que convida aos alumnos da Universidade (arredor duns corenta) a meterse na pel de quen ten entre mans unha nova iniciativa de mercado, con todo o que iso implica (retos, desafíos, ilusión). Para que a experiencia sexa o máis semellante posible á realidade dos emprendedores, xuntaranse os participantes durante 72 horas nun ambiente propicio de formación e “intensa convivencia” na Illa de San Simón. O seu obxectivo: crear unha start-up de base tecnolóxica centrada na explotación e uso dos recursos mariños en todas as súas vertentes: turismo, saúde, alimentación, medios de comunicación…
Na presentación do evento participou o reitor da UVigo Salustiano Mato, que salientou o “elevado interese” da metodoloxía que se vai aplicar no evento, unha serie de fórmulas “que crean cultura de emprendemento e alíñanse moi ben co resto de iniciativas que impulsamos neste ámbito, coma os premios INCUVI-Emprende ou a Escola de Emprendedores do propio Campus do Mar”, recalcou Mato, que estivo acompañado na presentación aos medios pola docente da Facultade de Bioloxía Maruxa Álvarez, responsable local da organización do evento; Ángeles Pariente, responsable de comunicación de 3DS a nivel nacional, e a técnica de Campus do Mar Cristina Quelle.
Segundo fixeron saber, o formato do 3 Day Startup xurdiu nos Estados Unidos e estendeuse logo aos cinco continentes: a idea é condensar nunha fin de semana todo o proceso de xeración dun proxecto empresarial, desde o nacemento da idea ata o desenvolvemento dos primeiros prototipos, o deseño dun modelo de negocio e a presentación ante os posibles investidores. A primeira edición da experiencia na Universidade de Vigo rexistrou máis de 200 solicitudes de participación, entre as que foron seleccionados os 38 finalistas. Unha das principais particularidades da segunda convocatoria con respecto da primeira radica na natureza ou temática do emprendemento a impulsar: desta volta a columna vertebral da experiencia é exclusivamente o mundo mariño.
En total ofértanse 40 prazas e a cita será nesta ocasión a fin de semana do 6 ao 8 de novembro “non supoñendo para os finalistas ningún tipo de gasto”. Todas as persoas interesadas deben inscribirse na web do evento e despois será a propia organización a que se encargue de facer a selección dos finalistas. As actividades iniciaranse o venres 6 ao mediodía, cando un barco levará aos 40 participantes e aos seus mentores ata a illa de San Simón, onde convivirán e traballarán ao longo de toda a fin de semana. Unha vez instaladas e instalados, o primeiro paso será a posta en común de ideas relacionadas co mar para a creación dunha start-up, de entre as que seleccionarán cinco ou seis sobre as que traballar o resto da fin de semana. Formados os equipos terán ata o domingo pola tarde, que será cando presenten un prototipo ante un xurado composto por profesionais do mundo do emprendemento e investidores para crear e desenvolver o proxecto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?