Xa se están a ultimar os detalles da terceira edición de Galicia Escena PRO, feira das artes escénicas organizada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e prevista para os días 3, 4, 5 e 6 de novembro en Santiago. Segundo informa a axencia, un dos seminarios deste mercado centrarase no potencial da estratexia dixital na difusión da actividade das nosas compañías. No seminario, que se celebra o martes 3, participarán dúas ducias de profesionais do sector cultural. O obxectivo é achegar ás compañías escénicas “unha serie de ferramentas e técnicas que lles permitan optimizar de xeito inmediato a súa estratexia de mercadotecnia e comunicación dixital, así como a medición dos seus resultados”.

Con este Seminario de estratexia dixital para compañías de artes escénicas, Galicia Escena PRO quere dar continuidade ás accións de formación continua para profesionais do sector que puxo en marcha na edición de 2014 co obradoiro Venderse nun ascensor, unha cita que forneceu fórmulas e modelos para promover e vender de xeito efectivo e eficaz proxectos e producións.
A mercadotecnia dixital para as nosas firmas escénicas, ao detalle en Galicia Escena Pro
Compartir Este Artigo

