Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Centro de Atención ao Contribuínte da Deputación de Pontevedra atendeu 2.537 emails máis que en 2014
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Centro de Atención ao Contribuínte da Deputación de Pontevedra atendeu 2.537 emails máis que en 2014

Redacción
Publicado: 08/10/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

muller_traballando_computador-3.jpgA Deputación de Pontevedra vén de facer reconto do acadado recentemente a través do seu Centro de Atención ao Contribuínte. O estudo, que abrangue a actividade de todo ano, certifica que o dito servizo atendeu durante 2015 un total de 18.484 demandas de información. No informe, e a falta dos datos que restan do que queda de ano, sinálase que houbo 1.847 chamadas e 2.537 correos electrónicos máis que en 2014. O Centro de Atención ao Contribuínte insírese no servizo ORAL da Deputación. O ORAL ten como obxectivo informar e asistir ao contribuínte, así como xestionar, liquidar, inspeccionar e recadar os tributos e demais ingresos públicos dos concellos e doutras entidades públicas que o deleguen.
O Centro de Atención ao Contribuínte do ORAL púxose en marcha, precisamente, para achegar a administración á cidadanía, ofrecendo aos pontevedreses información e asesoramento ao tempo que se lles aforran “desprazamentos innecesarios”. Falamos pois dun servizo abeirado ao que se coñece como Administración Electrónica.
En concreto, o centro encárgase de facilitar información sobre dúbidas tributarias e outros ingresos públicos (impostos sobre bens inmobles, actividades económicas, vehículos, construcións, plusvalías, taxas sobre lixo ou auga e multas de tráfico, entre outros), remisión de documentación (solicitudes, cartas de pagamento, xustificantes de pagamento de recibos ou liquidacións, etc.) e do asesoramento sobre xestións tributarias (domiciliación de pagamentos, fraccionamentos e actualización ou modificación de datos, entre outros).
Durante o ano 2014 o Centro de Atención ao Contribuínte atendeu 16.647 chamadas. No que levamos de 2015, sen contar cos datos dos últimos tres meses do ano, atendeu 18.484 chamadas, é dicir, recibíronse 1.847 chamadas máis que en 2014.
En canto ao correo electrónico, recibiu 2.027 correos en 2014. Neste intre (comezos de outubro) xa foron enviados e atendidos 2.537 correos máis que en 2014, é dicir, un total de 4.559 mails en 2015.
Por último, lembrar que o servizo do ORAL da Deputación, co obxectivo “de facilitar as xestións dos contribuíntes e aforrarlles viaxes”, conta tamén cunha oficina virtual tributaria na que se poden realizar pagamentos e solicitar duplicados de recibos, ver o detalle dos recibos domiciliados, os valores de embargo ou a revisión de padróns.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?