Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A empresa ourensá EDISA estreará nos vindeiros meses a versión 6 de Libra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A empresa ourensá EDISA estreará nos vindeiros meses a versión 6 de Libra

Redacción
Publicado: 09/10/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

edisa_libra_6.jpgNo ano 1983 abría as súas portas EDISA, a empresa con sede no ourensán Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), unha factoría centrada na integración de sistemas baseados nas últimas tecnoloxías da información, así como no desenvolvemento e introdución de software estándar de xestión empresarial. E dando un pulo cara a actualidade, e como xa adiantamos dende Código Cero os días pasados, EDISA ten entre mans o lanzamento (previsto para xaneiro de 2016) da nova versión Libra 6, que suporá un fito importante nunha traxectoria de case 25 anos para a devandita plataforma tecnolóxica de xestión empresarial, que en palabras dos seus responsables é xa, a día de hoxe, “moito máis que un ERP”.
Se botamos unha ollada á historia do software Libra, cómpre dicir que era o 3 de outubro de 2015 cando se realizaba a presentación a nivel interno, estando prevista a presentación a todos os clientes de España entre os meses de novembro e decembro, para finalizar no primeiro trimestre de 2016 coas presentacións nos países de Latinoamérica nos que Libra tamén está presente.
E cales serán as principais vantaxes que achegará a nova versión aos clientes? Pois unha interface nova que permite personalizar os indicadores de xestión a nivel de usuario, facer máis doado o acceso aos programas e integrar tanto as aplicacións encamiñadas a escritorio como as aplicacións orientadas a dispositivos móbiles ou dispositivos con interface táctil. Outra vantaxe serán as novas ferramentas para a explotación de datos integradas en Libra 6 e unha meirande automatización de procesos e sobre todo integración con todos os axentes cos que interactúa a empresa (clientes, provedores, banca, administración pública, axencias de transporte).
Por último, informamos agora da axenda prevista para a presentación da nova edición do software: o martes 27 de outubro, 9.30-12.30/ Asturies (sede EDISA); o martes 3 de novembro, 9.30 -12.30/ Vigo (especificarase lugar); o martes 3 de novembro, 16.00-19.00/ Santiago de Compostela (especificarase lugar); o mércores 4 de novembro, 9.30-12.30/ O Barco de Valdeorras (Pazo do Castro); o mércores 4 de novembro, 16.00-19.00/ Ourense (sede EDISA); o martes 10 de novembro, 9.30-12.30/ Madrid (sede EDISA); o martes 17 de novembro, 9.30-12.30/ Euskadi (especificarase lugar); o martes 24 de novembro, 9.30-12.30/ Valencia (especificarase lugar); o mércores 2 de decembro, 9.30-12.30/ Sevilla (especificarase lugar); o mércores 9 de decembro, 9.30-12.30/ Barcelona (especificarase lugar); o mércores 16 de decembro, 9.30-12.30/ Canarias (especificarase lugar). En canto ás sedes de Latinoamérica, a presentación será ao longo do primeiro trimestre de 2016.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?