Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña amosa en Bruxelas o seu proxecto de emprego rural a través das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña amosa en Bruxelas o seu proxecto de emprego rural a través das TIC

Redacción
Publicado: 13/10/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

depu_coruna_jose_luis_garcia.jpgA Deputación de Coruña está a participar na nova edición, a número 13, da Semana Europea das Rexións e as Cidades Open Days 2015, que se celebra ata o 15 de outubro en Bruxelas. Na cita, José Luís García, deputado responsable da Área de Promoción Económica da Deputación da Coruña (e alcalde de Brión), explicará os resultados do proxecto Parnet-TIC 2, unha iniciativa destinada a incentivar o emprego no eido rural a través das novas tecnoloxías.
Segundo lembra o organismo provincial, os Open Days son eventos anuais organizados polo Comité das Rexións (CDR) e a Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea co obxectivo de compartir experiencias de xestión e boas prácticas no eido local, así como coñecementos especializados sobre desenvolvemento local e rexional.
Entre outras actividades, José Luis García asistirá este martes 14 de outubro ao seminario Cooperación local e rexional para o cambio demográfico que se celebrará na Representación Permanente de España na Unión Europea. Nel, abordaranse diferentes estratexias para afrontar os retos derivados do envellecemento e a baixa densidade de poboación, sobre todo nas áreas rurais e Europa.
No mesmo día, na sede da Fundación Galicia Europa na capital europea, o deputado coruñés explicará no marco dun seminario sobre integración das áreas rurais e urbanas (no que participarán representantes de entidades locais de Grecia, Italia, Polonia, Croacia, Holanda, Portugal e Reino Unido), algunhas das claves do proxecto Parnet-TIC 2 que desenvolve a Deputación da Coruña co obxecto de potenciar a creación de emprego no rural a través das novas tecnoloxías. Para acadar este obxectivo, ao abeiro de Parnet-TIC 2 estanse a realizar diversas actuacións, como a posta en marcha de accións formativas, a creación dunha plataforma web onde se amosan ideas, perfís de oferta e demanda e un catálogo de ferramentas orientadas a aforrar custos ao emprendedor e optimizar os seus resultados empresariais; ou o lanzamento dunha aplicación propia dirixida a fomentar a conectividade e a participación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?