Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A FIC acolle o día 15 unha xornada de programación e robótica para os cativos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A FIC acolle o día 15 unha xornada de programación e robótica para os cativos

Redacción
Publicado: 13/10/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

nao_familia.jpgA Facultade de Informática da Universidade da Coruña organiza o vindeiro día 15 de outubro unha xornada dirixida a amosar en detalle “a parte máis lúdica e educativa da informática”. Ou sexa, a programación e a robótica, dúas cuestións de gran interese para a educación dos nosos escolares, tanto dende o punto de vista creativo e formativo, como no que se refire á actividade laboral futura das nenas e nenos (que en maior ou menor medida apoiarase no uso das novas tecnoloxías). Os actos comezarán a partir das 17:00 horas e están encamiñados a rapaces en idades escolar e “a calquera que queira iniciarse neste ámbito”.
Segundo informa a FIC, amosaranse cousas como robots baseados nos módulos de Lego MindStorms (robots de iniciación) e outras construcións “máis avanzadas”, como os robots NAO desenvolvidos pola firma Aldebarán Robotics e con capacidade para escoitar, ver e falar (facultades algunhas delas visibles, precisamente, nun vídeo da propia Facultade de Informática).
Volvendo á xornada, sinalar que no seu transcurso Pablo Espeso impartirá unha charla na que explicará as técnicas que se poden usar neste mundo, desde Scratch a Arduino pasando por Codeacademy ou Codecombat.
Dentro dos actos desta xornada, que se enmarca na celebración da Semana Europea da Programación, presentarase a II edición da First Lego League que terá lugar na Facultade de Informática. A primeira edición da FLL reuniu o pasado mes de febreiro a máis de 150 nenos e nenas con idades comprendidas entre os seis e os dezaseis anos no Campus de Ferrol. Organizado conxuntamente pola Escola Universitaria Politécnica, a Escola Politécnica Superior e a Facultade de Informática, a First Lego League conta cunha parte de competición de robots feitos con pezas de Lego e outra de presentación de proxectos científicos que deberán responder á pregunta de que é o que quere aprender a xente nova e como queren que se lles ensine.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?