Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SIVSA revoluciona a xestión dos centros médicos co seu software Fenix
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SIVSA revoluciona a xestión dos centros médicos co seu software Fenix

Redacción
Publicado: 13/10/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

sivsa_fenix.jpgFenix é un software de xestión clínica na nube de raizame galega, especialmente pensando e optimizado para médicos e clínicas de pequenas dimensións. A plataforma foi desenvolvida por SIVSA, empresa galega referencial en solucións informáticas para a saúde, con máis de 25 anos de experiencia e presenza en máis de 30 hospitais en seis países diferentes. Con Fenix, informan os responsables de SIVSA, podemos controlar e axilizar de maneira rápida e intuitiva los procesos que se levan a cabo nas clínicas. Todos eles son centralizados en Fenix, dende a chamada para solicitar unha cita ata a facturación dos servizos (tanto ao propio paciente como a unha aseguradora).
“Trátase dunha ferramenta moi práctica e moi útil”, afirma o doutor Alfredo G. Allut (xefe do Servizo de Neurociruxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago), logo de ter probado Fenix. Segundo comenta, “con esta plataforma podes xestionar toda a información clínica en calquera lugar e a un só clic, trátase dunha tecnoloxía moi recomendable e satisfactoria”, afirma o doutor G. Allut.
Malia que toda a xestión da clínica faise dende a mesma aplicación, Fenix define dous tipos de usuarios, o médico e o administrativo, centrados en funcionalidades diferentes. O usuario administrativo encárgase da creación de pacientes, a xestión das citas, a axenda e o calendario da clínica, así como de todos os procesos de facturación.
Por outra banda, o médico, con independencia de que delegue nun administrativo estas funcións, pode acceder a elas en todo intre. Pero, de xeito adicional, conta con funcionalidades específicas do seu rol, tales como:
· Xestión de axendas médicas.
· Rexistro do diario clínico.
· Xestión e automatización de exames e enquisas clínicas.
· Emisión e sinatura electrónica de receitas.
· Creación de modelos (plantillas).
· Xestión e sinatura electrónica de informes.
· Historia clínica electrónica.
· Normalización da información, codificación CIE-10 e medicamentos aprobados pola AEMPS.
· Integración con aseguradoras.
· Control automático da facturación.
· Migración de datos e exportación da información clínica.
· Soporte en liña.
· E moitas máis funcionalidades que axudarán a xestionar as actividades da clínica.
sivsa_modulos_disponibeis_fenix.jpgO que se pode facer con Fenix
Segundo informa SIVSA, pódese facer basicamente todo con Fenix. A nivel xeral, con Fenix non se precisa de ningún software adicional para a xestión dunha clínica, e posto que se atopa aloxado en Azure, a nube de Microsoft, é accesible dende calquera recanto e con todas as medidas de seguridade necesarias para tratar con datos sensibles, “xa que a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) confirmou as garantías dos servizos corporativos de Microsoft na Nube para a exportación de datos”, explican dende a firma galega. Ao fío disto, Gonzalo Díe, director xeral do Sector Público de Microsoft, afirmou que “Fenix tira proveito de todas as vantaxes da nube de Microsoft para ofrecer aos profesionais da sanidade unha solución integral e que permite xestionar de maneira eficiente os procesos das clínicas do día a día”.
Lembrar que Fenix utiliza Azure e a Web para a xestión clínica, movéndose do modelo baseado en software empaquetado ao modelo SaaS para o sector saúde, especialmente dirixido a clínicas pequenas con persoal de TI limitado.
O que me ofrece Fenix
Fenix é totalmente personalizable, ofrecendo diversos plans en función das nosas necesidades. “Porén”, sinala a empresa, hai marxe de abondo para un labor óptimo de adaptación. Así, en caso de que ningún dos plans propostas se chegase a axustar ao que busca exactamente o cliente, “sempre pode adaptalo de maneira específica ao número de usuarios que precise”. Con todo, engade SIVSA, o máis importante é que Fenix ofrece un primeiro mes de proba gratuíta e totalmente funcional. É dicir, podémonos dar de alta dende xa e sen necesidade de achegarmos ningún dato bancario e sen ningún tipo de limitación. Para máis información, cómpre visitar www.getfenix.net.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?