Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Uns trinta nenos e outros tantos profesores participaron no Scratch Day do CPETIG
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Uns trinta nenos e outros tantos profesores participaron no Scratch Day do CPETIG

Redacción
Publicado: 13/10/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cpetig_scratch_day.jpgFinalmente celebrouse 10 de outubro o evento formativo e divulgativo Scratch Day organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) en colaboración coa axencia autonómica AMTEGA. Na cita, que serviu para difundir os valores da programación informática na comunidade escolar (nenas e nenos, nais e pais, profesorado), participaron uns trinta rapaces (de entre sete e quince anos) e outros tantos mestres compartindo coñecementos e tirando partido da ferramenta Scratch, un recurso informático moi acaido para a introdución das novas xeracións nos conceptos básicos de como construír e desenvolver programas.
Segundo informan os organizadores, os participantes “puideron acceder de forma lúdica ao mundo da programación, tomando conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión das ideas propias e como medio de emprendemento”. Ademais, sinala o CPETIG, “a implicación e a concienciación dos pais neste ámbito serviu de apoio para que os rapaces se sentisen atraidos cara á programación informática, de forma que esta actividade organizada polo CPETIG non sexa unha excepción, senón o principio dun labor para seguir no fogar”.
De forma paralela levouse a cabo unha acción formativa en Scratch destinada ao profesorado. Esta actividade, serviu como formación a trinta profesores ao abeiro do programa Aprendo programando incluído no Plan Proxecta, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, presentado polo CPETIG, en colaboración con AMTEGA.
A xornada tivo como obxectivos xerais “eliminar mitos en relación á programación informática, dar a coñecer a contorna da programación Scratch e aprender a desenvolver videoxogos con esta ferramenta informática”. Ademais, con esta actividade preténdese difundir as posibilidades que poden ofrecer as TIC, especialmente en idades temperás e contribuír, así, a reducir a fenda dixital.
No Scratch Day contouse coa participación das asociacións Programamos, que impartiu a formación a rapaces e pais, e Código Octopus, que contribuíu á formación ao profesorado. Lembrar que Programamos é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo obxectivo fundamental é promover o desenvolvemento do pensamento computacional dende idades temperás a través da programación de videoxogos e aplicacións para móbiles en todas as etapas escolares, desde educación infantil ata formación profesional.
Código Octopus, pola súa banda, é unha fonte de recursos en galego para o profesorado con bases en calquera materia que se desexe introducir á programación na docencia. Conta con material para aprender a programar en Scratch en Educación Primaria e Educación Secundaria e proximamente para desenvolver proxectos de S4A: Scratch for Arduino. Tras este proxecto atópase un grupo de profesorado de tecnoloxía do sistema educativo galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?