Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O catedrático de Computación e Intelixencia Artificial Senén Barro ingresa na Real Academia Galega de Ciencias
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O catedrático de Computación e Intelixencia Artificial Senén Barro ingresa na Real Academia Galega de Ciencias

Redacción
Publicado: 14/10/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

senen_barro_usr6958-2.jpgA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou esta tarde no Pazo de San Roque (Santiago) o acto de ingreso de Senén Barro Ameneiro, catedrático no Departamento de Computación e Intelixencia Artificial da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que se integra na Sección de Matemáticas e Física do Cosmos. A súa completa a rolda de incorporacións á institución neste ano, no que entraron seis novos académicos de diversas áreas de coñecemento.
senen_barro_usr6997.jpgO discurso de ingreso do novo académico da RAGC titúlase Poden pensar as máquinas?, un tributo a Alan Turing, quen abriu un dos seus traballo máis importantes con tal pregunta. Senén Barro matizou que “cando nos preguntamos se as máquinas pensan ou poderán chegar a facelo algún día, utilizamos como referencia non tanto o proceso de pensar, aínda descoñecido, como o seu resultado”, sostendo que a evolución da ciencia e a tecnoloxía permítenos asegurar que “a intelixencia de persoas e máquinas chegará a ser comparable algún día non moi afastado”. Logo de pronunciar o discurso, recibiu a medalla de mans do presidente da RAGC, Miguel Ángel Ríos, mentres que o diploma foi entregado polo reitor da USC, Juan Viaño.
Ao acto desta tarde asistiron, entre outros, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González; o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; a valedora do Pobo, Milagros Otero; e o director xeral de Banco Santander e director global de Santander Universidades, José Antonio Villasante.

Perfil de Senén Barro

senen_barro_2.jpgSenén Barro é catedrático da área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial desde 1995. Foi director do Departamento de Electrónica e Computación da USC desde 1993 ata xuño de 2002 e reitor entre 2002 e 2010, etapa na que promoveu a internacionalización e a aposta emprendedora da USC, conseguíndose o recoñecemento de Campus de Excelencia Internacional para o proxecto do Campus Vida na primeira convocatoria deste tipo en España, celebrada en 2009. Desde maio de 2008 é presidente de RedEmprendia, a Rede Universitaria Iberoamericana de Incubación de Empresas, que conta con 20 universidades iberoamericanas asociadas, ademais do portal Universia e o Banco Santander.
Fundou e dirixe o Grupo de Sistemas Intelixentes, que conta na actualidade con 40 membros e, de acordo co seu nivel de publicacións científicas, é o primeiro grupo de Intelixencia Artificial de Galicia e un dos primeiros de España. É investigador colaborador e investigador responsable de numerosos proxectos e contratos de investigación internacionais, nacionais e autonómicos. Realizou estancias de investigación no Departamento de Informática Médica do Royal Free Hospital en Londres (Reino Unido); no Departamento de Enxeñaría Eléctrica da Universidade de Maryland (EE.UU.); nos Departamentos de Enxeñaría e Ciencias da Computación das Universidades de South Florida e California (EE.UU.); e no Departamento de Enxeñaría Matemática da Universidade de Bristol (Reino Unido).
Impartiu numerosas conferencias tanto en España como no estranxeiro e participou nun gran número de congresos nacionais e internacionais como membro de comités de organización e científicos. Foi organizador ou coorganizador de varios congresos, ciclos de conferencias e cursos de verán.
Presidiu o grupo de TIC da Conferencia de Reitores de Universidades de España (CRUE) desde xuño de 2003 ata outubro de 2005. Incorporouse ao Comité Permanente da CRUE en maio de 2005 e en maio de 2008 foi nomeado vicepresidente da entidade, cargo que ostentou ata xuño de 2010.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?