Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os encontros sobre normalización lingüística do CCG emprestarán atención ás redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os encontros sobre normalización lingüística do CCG emprestarán atención ás redes sociais

Redacción
Publicado: 14/10/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

encontros_lingua_ccg.jpgEstá a nosa lingua en perigo de morte? A resposta está nas novas xeracións, na xente nova. Por moito que os maiores falemos galego, se a nosa mocidade non emprega (na Internet e nas redes sociais tamén) o idioma que lle corresponde, o galego como tal terá tristemente os días contados. Sobre este tema xirará a XVII edición dos Encontros para a normalización lingüística, unha xuntanza organizada polo Consello da Cultura Galega que se inaugura mañá (15 de outubro) co aforo completo mais coa posibilidade de seguila en directo a través da páxina web da institución. Avaliaranse, entre outros temas, o estado de saúde da lingua nas redes sociais.
“Nesta edición permanece o carácter de ser lugar de encontro e intercambio de experiencias, agora centrado nas motivacións e estímulos do uso da lingua polos máis novos” indica Rosario Álvarez, coordinadora desta edición e vicepresidenta do Consello da Cultura Galega. A cita xuntará durante dous días a sociolingüistas, técnicos pola normalización e creadores para falar dos dilemas que presenta a situación sociolingüística actual.
Emporiso, unha parte do programa está encamiñada a expor traballos de pescuda e análises de datos sobre o uso do galego por parte das xeracións máis novas. Tratando temas como: a súa contorna, a influencia das novas políticas educativas ou a autopercepción actual dos falantes. Para iso estarán Xaquín Loredo Gutiérrez (Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega) que falará do estudo e análise da situación do galego, e Hakan Casares (responsable do Observatorio da Cultura Galega) quen achegará cifras sobre o comportamento lingüístico da mocidade galega.
Moi importante para a boa saúde dun idioma é o contexto familiar, á transmisión de pais a fillos, que xoga un papel chave no uso dun idioma. Para iso, expoñeranse sobre a mesa todas a iniciativas relacionadas con este tema chegadas de distintos eidos: no académico, o bengalí Anik Nandi (doutorado da Heriot-Watt University de Edimburgo) quen ofrecerá un relatorio titulado Resistencia dende abaixo. O papel das micropolíticas lingüísticas nas familias galegas; no cultural, Paz Castro e Inacio Vilariño exporán os casos de Kalandraka e de Fantoches Baj; e no publicitario, publicistas e investigadores revisarán as campañas de comunicación desenvolvidas a prol do galego.
Outro aspecto a tratar nestes Encontros é o que se pode facer dende un ámbito local. Nesta liña, técnicos e responsables da normalización lingüística de concellos como os de Vigo ou Compostela explicarán as súas experiencias, canda especialistas doutros contextos como o universitario ou as deputacións provinciais. Completa esta visión o politólogo Xaime Subiela, quen achegará un relatorio titulado A promoción do galego desde o ámbito supramunicipal.
E seguindo co espírito de crear un espazo de comunicación arredor do panorama actual da nosa lingua, nesta edición dos Encontros estenderase este carácter participativo a todas as persoas e colectivos implicados na normalización do idioma creando varios grupos virtuais de traballo en Facebook cuxa actividade, aproveitamento e conclusións se integrará na primeira sesión do programa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?