Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña expón en Bruxelas o seu proxecto para crear emprego rural a través das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña expón en Bruxelas o seu proxecto para crear emprego rural a través das TIC

Redacción
Publicado: 15/10/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

depu_coruna_brion_alcalde_bruxelas.jpgA Deputación da Coruña vén de amosar en Bruxelas o seu programa para dinamizar laboralmente o rural pola vía das TIC. O encargado de expoñer este vieiro de traballo foi o deputado responsable da área de Promoción Económica e Emprego da Deputación da Coruña e alcalde de Brión, José Luís García. A cita foi este mércores 14, na sede da Fundación Galicia Europa na capital belga. En detalle, García debullou perante os responsables europeos as liñas de actuación do proxecto Parnet-TIC 2, que, como dixemos, desenvolve o ente provincial co obxecto de potenciar a creación de emprego no rural a través das novas tecnoloxías.
O relatorio do alcalde de Brión inseriuse na celebración da Semana Europea das Rexións e as Cidades (Open Days 2015), que ata hoxe xunta na capital belga a representantes dunha chea de gobernos locais e autonómicos de toda Europa co obxectivo de compartir experiencias de xestión e boas prácticas.
José Luís García incidiu en que un dos principais obxectivos da Deputación da Coruña é “contribuír á fixación da poboación a nivel local, creando as condicións axeitadas para que a poboación das zonas rurais atope na súa contorna máis próxima os recursos precisos para o desenvolvemento da súa vida e das súas actividades profesionais e fique nestas zonas sen necesidade de desprazarse aos grandes centros urbanos”. Segundo fixo saber, o proxecto Parnet-TIC 2 pretende aproveitar “o marcado carácter rural dos nosos concellos e o seu gran potencial ambiental para a promoción de empregos verdes a través das novas tecnoloxías”, explicou o deputado coruñés, que subliñou que o sector conta actualmente cun gran potencial, “xa que España é o principal produtor de produtos ecolóxicos e orgánicos de Europa”. José Luís García tamén lembrou que a economía verde ten experimentado “un importante crecemento na última década” e distintos organismos internacionais “ven neste modelo produtivo unha boa opción para reducir a taxa de paro e contribuír á fixación de poboación no ámbito rural”.
Neste mesmo foro expuxéronse outras experiencias e modelos de integración e impulso ao ámbito rural desenvolvidas nas rexións de Sterea Ellada (Grecia), Veneto, Basilicata e Lazio (Italia), Braga (Portugal), Istria (Croacia), Opolskie e Pomorskie (Polonia), Escocia (Reino Unido) e Zeeland (Holanda).
Para quen queira afondar no seu coñecemento sobre Partnet-TIC 2, recordar que xa foi habilitado un vídeo no YouTube onde se bota luz acerca das súas liñas de actuación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?