Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ineo e TIC Ferrolterra suman forzas para impulsar o sector galego das novas tecnoloxías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ineo e TIC Ferrolterra suman forzas para impulsar o sector galego das novas tecnoloxías

Redacción
Publicado: 16/10/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ineo_ferrolterra.jpgA asociación Ineo e TIC Ferrolterra, alianzas de empresas galegas do sector TIC, queren espallar o seu radio de acción e facer fronte común arredor das nosas firmas tecnolóxico-dixitais. Nesta liña, e co obxectivo de “sumar sinerxías” con entidades e organizacións afastadas dos seus emprazamentos orixinais (Ineo ten a súa sede en Vigo e TIC Ferroltera en Ferrol), veñen de asinar un acordo de colaboración co reto común de “defender de maneira conxunta e coordinada os intereses das empresas galegas do sector das novas tecnoloxías e traballar man a man no desenvolvemento deste sector produtivo estratéxico na comunidade”.
O presidente de Ineo, Carlos Conde, e o da asociación ferrolá, Pablo Rivera, rubricaron este venres na cidade departamental o devandito acordo, no que sentaron os alicerces para “a cooperación a prol de acadar un meirande desenvolvemento da Sociedade da Información en Galicia e do sistema produtivo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC)”. E engadiron, ao fío da sinatura: “A nosa misión é seguir construíndo un sector competitivo, sensible á I+D e que consiga transferir tecnoloxía ao resto dos sectores e á sociedade, atraendo novas empresas”. Carlos Conde, co obxectivo de definir as implicacións da alianza e escenificala, lembrou o lema da asociación TIC que representa: “Camiñar xuntos refórzanos”.
As dúas asociacións comprometéronse a colaborar en cadanseu posicionamento estratéxico, de forma coordinada e colaborativa, de face a maximizar o rendemento das accións individuais. Con este desafío en común, identificaranse sinerxías entre as actividades e servizos proporcionados por parte das entidades asinantes de forma que poidan optimizarse os recursos do sector e co obxectivo de “dar unha meirande visibilidade ás empresas e acadar unha mellora da competitividade e o seu posicionamento a nivel galego, estatal e europeo”.
Para Ineo, este convenio significa “dar un paso máis na súa aposta por sumar enerxías no sector TIC”. A finalidade, nesta estratexia de colaboración con outras asociacións empresariais, “é tecer unha rede de que traballe e man a man e que permita ao sector estar presente en todos os centros de decisión”. Respecto disto, o seu presidente Carlos Conde explicou que “somos unha asociación galega e noso obxectivo nestes intres é medrar na zona norte”.
Lembrar que Ineo está integrada por 60 empresas que desenvolven a súa actividade en hardware, software, redes e telecomunicacións, Internet e contidos, formación e consultoría TIC. Desde a súa creación, Ineo vela dende Vigo e a súa contorna polos dereitos e intereses das súas empresas, para contribuír “a aumentar a súa competitividade nunha contorna cada vez máis globalizada”.
Pola súa banda, TIC Ferrolterra é unha asociación empresarial que ten como obxectivos “fomentar a cooperación de compañías do sector tecnolóxico da área de Ferrol, representar, defender e promover os intereses económicos e xerar economías de escala por sinerxía entre os seus asociados”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?