Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Medio cento de firmas galegas participan xa en Aprendeafinanciarte.com
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Medio cento de firmas galegas participan xa en Aprendeafinanciarte.com

Redacción
Publicado: 19/10/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

financiarte.jpgXa está en marcha a segunda edición do concurso de emprendedores Aprendeafinanciarte.com, un certame-web que, como se indica no seu nome, diríxese a fornecer recursos orzamentarios para obtermos a base máis sólida para os nosos proxectos empresariais. O concurso ten dende hai días o seu prazo de inscrición aberto. Este, segundo informa a Cámara de Comercio de Santiago, ficará aberto ata este mércores 21. O certame foi posto en marcha nas comunidades de Galicia, Estremadura, Castela-A Mancha, Aragón, Murcia e Canarias. A nosa terra concorre con medio cento de proxectos.
A través do programa, que vén da man da Cámara de España, bótase un cabo a empresas, autónomos e emprendedores co obxectivo de atopar o financiamento que precisan para iniciar ou continuar a súa actividade empresarial. O programa está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Os requisitos para participar son os seguintes: sermos emprendedores, autónomos ou PEME de recente creación, contarmos cunha idea de negocio innovadora e viable, residir nalgunha das seis devanditas comunidades e dármonos de alta na dita plataforma web.
Os emprendedores interesados deben presentar o seu proxecto nun vídeo de dous minutos máximo de duración (na páxina web aprendeafinanciarte.com hai un espazo habilitado para subir as gravacións). Todas as persoas dadas de alta na plataforma poderán votar ata tres proxectos por comunidade. Os dez máis votados de cada territorio pasarán á segunda fase do concurso.
Segundo informa a Cámara de Santiago, dende que se convocou a segunda edición do concurso, presentáronse xa máis dun cento de vídeos. As cámaras de comercio galegas son, ata o de agora, as que máis proxectos recibiron sumando actualmente 49 vídeos.
Os semifinalistas realizarán unha presentación da súa idea emprendedora perante unha mesa de inversores que se celebrará en cada unha das comunidades autónomas participantes. O xurado, seleccionado polas cámaras de comercio, elixirá os dous proxectos finalistas. A final celebrarase en Madrid o 25 de novembro durante o Foro Nacional Aprende a Financiarte. Os finalistas deberán explicar o seu proxecto emprendedor. Ese día coñecerase ao ganador do concurso, que recibirá un premio de 3.000 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?