Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Medio cento de persoas acudiron á xornada do CPEIG celebrada en Arquitectura
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Medio cento de persoas acudiron á xornada do CPEIG celebrada en Arquitectura

Redacción
Publicado: 19/10/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cpeig_profesion_dixital_arquitectura.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) organizaron na tarde do pasado 15 de outubro a xornada Faite profesional dixital de tecnoloxías informáticas na arquitectura. O encontro, ao que asistiron arredor de cincuenta persoas de maneira presencial, insírese na campaña de divulgación de novos perfís profesionais 1 mes, 1 profesión dixital e celebrouse no salón de actos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC).
Na benvida inaugural -na que participaron o decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Antonio Maroño, e o director da ETSAC, Fernando Agrasar- o vicepresidente do CPEIG, Juan Otero, lembrou que a dita campaña xurdiu co obxectivo de crear conciencia entre a mocidade do vital que resulta, a día de hoxe, adquirir coñecemento e habilidades dixitais. Segundo fixo saber, non temos máis que ollar o que acontece coas empresas que participan e apoian a iniciativa, empresas que demandan cada vez máis estas competencias tecnolóxicas para seren máis competitivas e innovadoras. Ao seu xuízo, o emprendemento dixital, vencellado ao mundo da Internet e das redes sociais, “fai que de continuo xurdan novas oportunidades de negocio”.
Volvendo á cita do 15 e ao seu miolo, lembrar que os relatorios da xornada puidéronse seguirse coa etiqueta #1mes1profDIX e vía streaming a través da web do proxecto, profesionsdixitais.org. Tralo acto de apertura, interveu Eloi Coloma Picó, consultor especialista en BIM e director do Master en BIM Managament Steering da Universidade Politécnica de Catalunya (UPC) para falar do Impacto das tecnoloxías da información no sector da construción. A continuación, falou Aitor Almaraz Sánchez, estudante do Master Universitario de Arquitectura da ETSAC cunha charla baixo o epígrafe de Pensando en paramétrico. Contornas dixitais. Pola súa banda, Luis Antonio Hernández Ibáñez, profesor titular da UDC e coordinador do Grupo de Visualización Avanzada e Cartografía en Arquitectura, Enxeñaría Civil e Urbanismo, abordou a Realidade virtual, interacción natural e motores de videoxogo. Tendencias en visualización interactiva de arquitectura.
O último dos relatores foi José A. Vázquez, xefe de estudos da ETSAC, quen realizou unha presentación do Obradoiro de Fabricación Dixital da ETSAC. Como remate da xornada celebrouse un debate entre os relatores e o público.
A campaña 1 mes, 1 profesión dixital arrincou o pasado mes de abril coa xornada Faite profesional dixital do marketing dixital. Trátase dun ciclo de seis xornadas sobre novos perfís dixitais que se desenvolverá ata finais de outubro, e que ten como obxectivo xeral crear conciencia da necesidade que teñen os cidadáns de mellorar o seu dominio da tecnoloxía da información cara ao emprego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?