A Facultade de Informática da Coruña (FIC) vén de convocar a primeira edición do Premio para o Mellor Traballo Fin de Grao Aplicado (curso 2015-2016). O certame vén da man da FIC en colaboración co Centro de Investigación TIC (CITIC) e a Fundación Universidade da Coruña (FUAC). Na convocatoria, ademais, participan entidades privadas representativas do sector das tecnoloxías e a comunicación, como son Everis, o Grupo Voz, Indra, o Instituto Tecnolóxico de Galicia e Telecon.
O obxectivo, lembra o CITIC, é recoñecer os mellores traballos fin de grao (polas súas siglas TFG) daquel alumnado que o curso pasado obtivera Matrícula de Honra.
O prazo de inscrición pecha precisamente hoxe, 20 de outubro 2015. Os estudantes interesados poden (aínda) enviar as súas candidaturas a través da seguinte conta de correo electrónico: decanato.fic@udc.es. O primeiro premio estará dotado con 1.500 euros. Concederanse tamén dous accésit de 500 euros cada un.
A FIC convoca o seu primeiro premio para o mellor traballo fin de grao
Compartir Este Artigo

