Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC acolle un congreso internacional sobre lexicografía multilingüe en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC acolle un congreso internacional sobre lexicografía multilingüe en liña

Redacción
Publicado: 20/10/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

multilex2015_santiago.jpgHoxe e mañá celébrase na Facultade de Filoloxía de Santiago o Congreso Internacional MULTILEX, Lexicografía multilingüe en rede, un encontro dirixido a fomentar o intercambio de recursos e coñecemento arredor dos dicionarios colaborativos e as bases de datos multilingües. O evento vén da man dos responsables do proxecto PORTLEX, unha iniciativa interuniversitaria galega que conta co financiamento do Ministerio de Economía e ten como investigadora principal á profesora María José Domínguez Vázquez. As actividades comezan ás 9.30 horas.
O congreso abranguerá cuestións como a lexicografía electrónica multilingüe actual, os atrancos na creación de dicionarios electrónicos multilingües ou o rol do usuario neste tipo de repertorios. Segundo avanza a organización, achegarase a maiores “unha visión de conxunto dos dicionarios electrónicos multilingües, acompañada da presentación de obras e proxectos concretos”. O congreso artéllase con feitura de conferencias plenarias seguidas de coloquios, pósters e mesas redondas.
Na reunión danse cita os principais especialistas nas devanditas temáticas como Maria Vittoria Calvi, da Università di Milano (Italia); Rufus Gowus, da University of Stellenbosch (Suráfrica); Ulrich Heid (Universität Stuttgart), Christian Meyer (Technische Universität Darmstadt) e Stefan Schierholz (Universität Nürnberg-Erlangen), de Alemaña; Alberto Simões, do Instituto Politécnico do Cávado e do Ave (Portugal); Sven Tarp, da Aarus University (Dinamarca); Carole Tiberius, do Instituut vooer Nederlandse Lexicologie (Leiden, Holanda); Pedro Fuertes-Olivera, da Universidade de Valladolid; Elena de Miguel e Carlos Alonso, da Autónoma de Madrid; Mario Cal Varela, Manuel González González, Ignacio M. Palacios Martínez e María José Domínguez Vázquez, da Universidade de Santiago; e Xavier Gómez Guinovart e Carlos Valcárcel Riveiro, da Universidade de Vigo.
A actividade está patrocinada pola Rede de Lexicografía RELEX, a Universidade de Santiago, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Instituto da Lingua Galega.
Proxecto PORTLEX
O proxecto de investigación PORTLEX ten o obxectivo de elaborar un corpus multilingüe anotado en alemán, español, francés, galego e italiano, e máis un portal lexicográfico online, modular, reversible e multilingüe. A iniciativa é unha continuación do proxecto bilateral e bilingüe hispano-alemán Estudo contrastivo da frase nominal en español e alemán. PORTLEX está financiada con cargo a unha axuda do Ministerio de Economía e Competitividade, de referencia FFI2012-32456. A iniciativa foi concibida na Universidade de Santiago de Compostela aínda que se elabora por un equipo de investigación de carácter internacional e multidisciplinar, pretendéndose así axuntar as investigacións realizadas en distintas institucións a nivel europeo. O proxecto PORTLEX forma parte da Rede de Lexicografía RELEX.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?