Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis dun milleiro de estudantes da provincia de Lugo formaranse como emprendedores coa Fundación CEL e a Deputación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis dun milleiro de estudantes da provincia de Lugo formaranse como emprendedores coa Fundación CEL e a Deputación

Redacción
Publicado: 20/10/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

cel_emprendedores2.jpgA Fundación CEL – Iniciativas por Lugo e a Deputación Provincial presentaron hoxe o Proxecto Emprendedores, un programa de divulgación e formación que abranguerá diferentes accións para o fomento da vocación emprendedora na provincia. A iniciativa foi dada a coñecer no viveiro de empresas da cidade galega polos presidentes de ámbalas entidades, Luís García Santalla e Darío Campos Conde, respectivamente, que estiveron acompañados polo director IES Muralla Romana, José Antonio Corredoira. Entre outras cousas, salientaron que o programa comezará achegando formación a máis dun milleiro de alumnas e alumnos.
Máis polo miúdo, ao abeiro do proxecto organizaranse 24 xornadas presenciais de “sensibilización, motivación e difusión da cultura emprendedora”, nas que participarán un total de 1.200 alumnos dunha vintena de centros educativos (institutos e centros de formación profesional) situados nas zonas norte, centro e sur da provincia de Lugo. Tamén haberá accións formativas gratuítas orientadas a todo tipo de persoas interesadas en crear unha empresa, sobre cuestións como a Actitude Emprendedora e Oportunidades de Negocio e Xestión da Prevención de Riscos Laborais en Pequenos Negocios. Esta segunda parte do proxecto, que se executará vía teleformación, está dotada cun total de 140 prazas.
O presidente da Fundación CEL, Luís García Santalla, salientou no acto de presentación que o Proxecto Emprendedores nace “do convencemento da fundación de que é preciso plantar a semente da vocación emprendedora xa no sistema educativo, orientando desde fases temperás a futuros empresarios, dando alas ás súas ideas e sinalándolles o camiño a seguir”. Engadiu que “o espírito emprendedor é sen ningunha dúbida un dos principais motores de innovación, competitividade e crecemento da economía dun país”.
Pola súa banda, o presidente da Deputación, Darío Campos Conde, destacou que “é unha satisfacción continuar con esta iniciativa empezada por Gómez Besteiro, porque aposto polo autoemprego como ferramenta para acceder a un posto de traballo, promovendo a igualdade e a conciliación familiar así como combatendo a fenda salarial”. Campos Conde engadiu que “debido á situación da provincia, que conta con máis de 21.000 lucenses desempregados; e a do país, na que 40 mozos galegos ao día vense na obriga de marchar pola falta de oportunidades laborais; creo que é necesario que todas as administracións nos impliquemos e facilitemos o autoemprego”.
As xornadas presenciais de sensibilización do Proxecto Emprendedores desenvolveranse tanto nas instalacións da Fundación CEL como nalgúns dos vinte centros educativos que se sumaron a esta iniciativa, os martes e xoves de aquí a fins do mes de novembro. O obxectivo, como dixemos, é “achegar aos participantes ao mundo real da creación de empresas e o autoemprego, dando a coñecer, de forma interactiva e participativa, como é o proceso de posta en marcha dunha empresa”.
As accións previstas, polo tanto, constarán de dinámicas de creatividade e análise de prensa para axudar aos alumnos na procura de ideas de mercado; análise e elaboración do lenzo CANVAS para deseño do modelo de negocio na fase de maduración da idea; información sobre entidades que poden axudar a emprender en cada fase; información sobre servizos concretos dun centro de iniciativas empresariais e viveiro de empresas; encontros cos técnicos especializados en asesoramento a emprendedores da Fundación CEL e con emprendedores que hoxe están a desenvolver as súas ideas neste centro e acceso a experiencias emprendedoras reais.
A parte de formación específica do proxecto abrangue un total de tres cursos vía teleformación sobre Actitude Emprendedora e Oportunidade de Negocio e catro de Xestión da Prevención de Riscos Laborais. Ofértanse un total de 140 prazas ás que poderá acceder calquera persoa interesada en crear a súa propia empresa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?