Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Recoñecida co Premio Sixto Seco a plataforma Conetcam, “o BlaBlaCar dos cámaras”
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Recoñecida co Premio Sixto Seco a plataforma Conetcam, “o BlaBlaCar dos cámaras”

Redacción
Publicado: 20/10/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

premios_sixto_seco.jpgOnte entregáronse na Cidade da Cultura os terceiros Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, uns recoñecementos dirixidos a salientar o alento innovador na contorna das nosas empresas culturais. No certame, promovido pola Fundación Cidade da Cultura, distinguiuse a traxectoria da plataforma P2P de consumo colaborativo de equipos e servizos audiovisuais Conetcam, presentada no seu día como “o Blablacar dos cámaras”, un servizo de intercambio de ficheiros entre propietarios de equipos e usuarios. Tamén obtiveron premio a liña de produtos infantís vinculados ao deseño Cucuducho e a consultoría especializada en innovación e cultura Kolectiv.
Os galardóns foron entregados polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, quen destacou “a innovación e a creatividade dos proxectos premiados” e lembrou “a dura competencia que houbo nesta terceira edición dos Emprende Gaiás-Sixto Seco”, que recibiu tres veces máis proxectos que na anterior convocatoria.
Ademais do conselleiro, o acto contou coa presenza do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; da directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño; e dos representantes das empresas que colaboraron cos Emprende Gaiás-Sixto Seco: Ángel Pérez Pérez, director da Zona Norte de Correos; e Manuel Prol Cid, director institucional de Sabadell Gallego, que ademais foron os encargados de entregar os premios.
Cada un dos premiados recibiu un premio en metálico de 2.000 euros e incorporarase de balde e durante doce meses ao espazo de coworking do Centro de Emprendemento do Gaiás, onde recibirá apoio, asesoramento e formación durante os primeiros pasos da empresa.
conetcam.jpgComo dixemos, o xurado desta terceira edición do certame decidiu outorgar o galardón na área de aplicacións informáticas relacionadas co sector cultural e proxectos culturais en Internet a Conetcam, un proxecto impulsado por Adolfo Ponte, Alberto Basalo e Alberto Vázquez que busca poñer en contacto a propietarios de equipos audiovisuais (cámaras, focos, micrófonos…) e a usuarios que queren facer un uso puntual dos mesmos “a baixo custo e cun proceso sinxelo e de confianza”. Conetcam, reflectiron os seus responsables, “busca converterse na primeira plataforma P2P no mundo que se orienta ao nicho broadcast, seguindo o modelo de plataformas de espírito colaborativo como Blablacar, Airbnb ou Crowdwlending”.
Na área de deseño e creación artística e plástica no ámbito cultural, o premio recaeu na firma Cucuducho, de Lois Guillán Santamaría. Cucuducho é unha liña de produtos infantís (mobiliario, obxectos decorativos, lámpadas, xoguetes) ligados ao deseño e con influencia na contorna onde se leva a cabo a actividade. Entre os seus obxectivos está o de traballar con produtos de provedores locais e con materiais naturais e de orixe autóctona, ademais de poñer en valor a nosa cultura.
Finalmente, na área de de xestión cultural, o premio foi para Kolectiv, unha consultoría especializada na innovación e a cultura que busca conectar ideas, persoas e coñecementos. Francisco García Quiroga é o artífice desta empresa que busca impulsar a formación no ámbito da cultural, creación de proxectos e o desenvolvemento de webs para proxectos innovadores e culturais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?