Até hai pouco Amazon ofrecía un servizo de almacenamento ilimitado na nube de fotografías a un prezo de 11,99 dólares/ano, pero hoxe sorprendeu anunciando que en España os subscritores de Amazon Premium (sistema que facilita a recepción urxente dos produtos con loxística xestionada por Amazon sen custo adicional) poderán gozar do almacenamento de fotografías de balde e ilimitado.
Este servizo precisa para funcionar a aplicación Cloud Drive no ordenador ou no noso dispositivo móbil, que facilita a carga das nosas fotografías á nube de Amazon, poden acceder ás imaxes a través desta mesma ferramenta, sendo tamén posible a xestión deste servizo vía web (aínda que é máis recomendable o uso da aplicación dedicada, principalmente para a carga masiva de contidos).
O servizo de Cloud Drive incluído nesta promoción só ten espazo ilimitado para fotografías e, de quere empregalo para datos en xeral existen numerosos plans de espazo na nube achega 5 GB de espazo de balde e plans de pagamento que parten de 20 GB por 8 euros/ano ata 1.000 GB por 400 euros/ano.
Os usuarios de Amazon Premium poden gozar de almacenamento ilimitado de fotografías na nube
Compartir Este Artigo

