
O Programa iCoopera vén da man da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Como dixemos, busca facilitar o acceso das cooperativas ás novas Tecnoloxías da Comunicación e a Información (TIC) para gañar visibilidade. O programa iCoopera, máis polo miúdo, é unha iniciativa de balde cun amplo potencial de uso para as cooperativas que queiran apostar por Internet e acadar nesta plataforma un carácter máis referencial no seu sector. Na xornada participarán relatores especializados expoñendo os recursos dispoñibles arestora na nosa terra en materia de innovación empresarial. Complementaranse os relatorios cun coloquio que dará oportunidade de debater e establecer contactos entre os asistentes.
As entidades interesadas en adherirse á iniciativa poderán contar un diagnóstico individualizado das súas necesidades e oportunidades en materia de TIC e I+D+i, antes de proceder á creación ou mellora das súas ferramentas tecnolóxico-dixitais (páxina web, redes sociais, comercio electrónico, por exemplo). Recibirán tamén coñecementos básicos necesarios “para sentar as bases dunha axeitada xestión da innovación”, sinalan os organizadores do evento e do programa.
A Xornada iCoopera de Ourense achegará as TIC ás nosas cooperativas
Compartir Este Artigo

