Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SIVSA viaxou a Bruxelas para impulsar a súa aposta en I+D con fondos europeos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SIVSA viaxou a Bruxelas para impulsar a súa aposta en I+D con fondos europeos

Redacción
Publicado: 22/10/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

sivsa_bruxelas2.jpgA empresa galega SIVSA, responsable entre outros desenvolvementos do software de xestión de clínicas Fenix, estivo o pasado mes de setembro en Bruxelas participando nunha visita institucional e empresarial organizada pola asociación Ineo. A experiencia, compartida con outras empresas do sector galego das novas tecnoloxías, serviu para que coñeceran de primeira man as perspectivas de acceso a fondos de cooperación europea para firmas do eido tecnolóxico no marco do programa Horizonte 2020. A visita institucional centrouse sobre todo en achegar luz sobre as estratexias LEIT (Leadership in Enabling and Industrial Technologies), e nesta materia foron asesorados por Gustaf Winroth (responsable das convocatorias de I+D relacionadas coas TIC no Horizonte 2020) e por Enrique Aresti, da Dirección Xeral de Mercado Interior, Industria, Emprendemento e PEME.
Segundo informa SIVSA, a empresa tivo ocasión de afondar nos servizos que a Comisión Europea proporciona ás pequenas e medianas empresas dentro do programa COSME para o acceso a mercados exteriores. Este achegamento ao programa COSME materializouse sobre todo nun encontro coas representantes da Axencia Executiva para PEME (EASME), Idaira Robayna e Rebeca de Sancho. Por outra banda, na sede do REPER, a Representación Permanente de España ante a UE, SIVSA coñeceu máis de preto o funcionamento de Europa como subministradora de fondos en Proxectos de Cooperación.
Tanto SIVSA como o resto de empresas que viaxaron xunto a Ineo, aproveitaron a súa estadía en Bruxelas para xantar coa directora da oficina na cidade belga da Fundación Galicia Europa, Ana Ramos Barbosa, e cos eurodeputados galegos Francisco Millán Mon (PP) e José Blanco (PSOE), “co obxectivo de poder achegar a visión sectorial dos traballos que ambos realizan na Eurocámara”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?