Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación TIC de Lugo abre a tempada de visitas para os centros de ensino
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación TIC de Lugo abre a tempada de visitas para os centros de ensino

Redacción
Publicado: 23/10/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

depu_lugo_fundacion_tic-2.jpgA Fundación TIC (Deputación de Lugo) vén de abrir oficialmente a cuarta tempada de visitas divulgativas ás súas instalacións. Estas visitas teñen por finalidade achegar as vantaxes e usos das novas tecnoloxías ao alumnado de Primaria e Secundaria, ademais de amosarlles aos escolares en que consiste o labor desenvolvido pola Fundación. Por outra banda, nas sesións de acollida tamén se lles informa dos estudos que importante a Escola de Imaxe e Son, en palabras da Deputación “o único centro público na provincia de ensino superior do eido audiovisual”. O primeiro grupo que participou nestas xornadas de portas abertas foi o CPEI Doutor López Suárez, de Escairón (O Saviñao). Acudiron 38 alumnos de primeiro e terceiro da ESO, acompañados de tres profesores do centro.
Segundo informa o organismo provincial, as alumnas e alumnos tiveron a oportunidade de percorrer as instalacións da Fundación TIC e presentar, tamén, o primeiro boletín informativo audiovisual (Ticodiario) da tempada, con información sobre os concellos dos centros participantes nas visitas. Nun plano máis xeral, os escolares puideron dar conta do labor cotián dun estudo de televisión (produción, edición, realización e postprodución de pezas audiovisuais) e recibiron información sobre as especialidades de Realización e Produción que imparte a EIS.
Lembrar que durante o curso 2014-2015 preto de 1.400 alumnos centros de Primaria e Secundaria da provincia, divididos en 53 grupos, participaron nas visitas didácticas ás instalacións da Fundación. Dende que comezaron os Ticodiarios, en febreiro de 2013, houbo un total de 103 visitas. Os centros interesados en participar na nova tempada, poden apuntarse chamando ao número de teléfono 982 206 225.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?