Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GaliciaLe acubillou xa 12.000 préstamos interbibliotecarios de ebook
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GaliciaLe acubillou xa 12.000 préstamos interbibliotecarios de ebook

Redacción
Publicado: 23/10/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

imaxe_galiciale.jpgTemos datos sobre a actividade recente da plataforma en liña GaliciaLe, servizo en liña para o acceso gratuíto a publicacións da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Segundo se fai saber no parte informativo, GaliciaLe rexistrou preto de 12.000 préstamos bibliotecarios de libro dixital desde a súa posta en marcha, en outubro de 2014, ata setembro de 2015.
En concreto, os préstamos de ebooks realizados o a longo do devandito tempo ascenderon a 11.843, executados polos 5.678 usuarios e usuarias activos nesta plataforma. Segundo apuntan os responsables do servizos, “os devanditos datos tradúcense nun balance positivo dos primeiros meses de funcionamento deste servizo en liña, tanto no interese dos usuarios como no volume e calidade da colección dixital de préstamo”. Por certo que esta está integrada por un total de 1.427 títulos en múltiples formatos (audiolibros, libros electrónicos, álbums ilustrados e libros interactivos), de temática diversa e dirixida a distintas franxas de idade, con especial atención ao público infantil.
As obras máis prestadas foron, na colección de libro electrónico en galego, A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz; Os fillos do mar, de Pedro Feijoo; o álbum Maruxa, de Eva Mejuto e Mafalda Milhões, A memoria da choiva, de Pedro Feijoo, e Ámote Leo A.: destino Xalundes, de Rosa Aneiros. Do catálogo en castelán, os libros electrónicos máis solicitados na plataforma galega foron La ridícula idea de no volver a verte, de Rosa Montero; El principito (audiolibro), de Antoine De Saint-Exupéry, El guardián invisible, de Dolores Redondo; a triloxía Cincuenta sombras, de E.L. James; e El mundo en tus manos, de Elsa Punset.
A plataforma
GaliciaLe é unha plataforma de préstamo de libro electrónico da Rede de Bibliotecas Públicas Galegas, a través da cal se pon ao dispor da cidadanía “un nutrido catálogo de libros e audiolibros en galego e en castelán”, co engadido extra de ser cen por cen de balde. Os usuarios e usuarias que así o desexen poden acceder ás publicacións durante as 24 horas do día os 365 días do ano a través da páxina web galiciale.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?