Os responsables da web de recursos deportivos Runedia lanzaron unha aplicación de interese para os deportistas afeitos a probarse a si mesmos nunha chea de competicións. Estamos a falar dunha aplicación desenvolvida en alianza coa consultora tecnolóxica Pasiona cuxo principal valor ou característica diferencial é que incorpora un sistema de xeolocalización co que os deportivas poden saber das carreiras máis próximas e que sexan máis acaidas ás súas preferencias. Ademais, ofrece a oportunidade de propor desafíos a outros corredores e compartir os seus resultados nas redes sociais.
Esta nova aplicación, que leva aos dispositivos móbiles os contidos e as funcionalidades da web Runedia, está dispoñible para Android, iOS e Windows Phone. “Grazas a estas ferramentas”, sinalan dende o portal, “os usuarios disporán de información actualizada das diferentes probas que se celebren a nivel estatal, de como inscribirse e como chegar ao momento de saída”. A aplicación incorpora tamén unha serie de funcionalidades que permiten recompilar as estatísticas de cada carreira, elaborar un calendario de probas favoritas. A maiores, inclúe unha ferramenta para xestionar os contactos dentro da comunidade Runedia.
Runedia lanza aplicación para deportistas con sistema de xeolocalización
Compartir Este Artigo

