Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha ducia de empresas innovadoras preseleccionadas xa para os Premios Galicia Spin-Off
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha ducia de empresas innovadoras preseleccionadas xa para os Premios Galicia Spin-Off

Redacción
Publicado: 23/10/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gciencia_spinoff.jpgOs Premios Galicia Spin-Off, organizados por Banco Pastor (Grupo Banco Popular) e o portal galego de divulgación científico-tecnolóxica Gciencia, xa teñen finalistas. Trátase dunha ducia de firmas “pertencentes aos máis diversos sectores produtivos”, como por exemplo a creación de software innovador, a eSaúde, a agroalimentación ou a achega de produtos innovadores procedentes do mar. Todas elas competirán na elección final das gañadoras dos ditos premios, que se dirixen a salientar as mellores iniciativas empresariais xurdidas nos grupos de traballo de traballo das nosas tres universidades (o que se coñece como spin-offs).
Segundo informan os organizadores do certame, o xurado xa se atopa arestora deliberando sobre o potencial de cada firma participante (alto en calquera dos casos) e os destinatarios finais dos galardóns. “A elevada calidade das propostas presentadas”, explican, “fará complicado o labor do xurado, que comunicará a súa decisión ao longo do mes de novembro”
As dúas categorías do premios (Idea Emerxente e Selo de Calidade) recoñecen, respectivamente, a unha spin-off que irrompese nos últimos dous anos cunha idea innovadora e a unha empresa sobranceira pola súa traxectoria de prestixio ao longo dos últimos anos. Ademais, sinálase, no apartado Idea Emerxente haberá ademais dúas finalistas que (de igual maneira que a gañadora), terán unha oferta especial para financiar o seu proxecto innovador por parte de Pastor.
O xurado está composto por membros do Banco Pastor, do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), da Real Academia Galega das Ciencias (RACGC), da Secretaría Xeral de Universidades (Xunta de Galicia) e do portal GCiencia, que se completa co investigador Antonio Figueras, ex vicepresidente do CSIC e director do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. O acto de entrega de premios celebrarase antes de final de ano nunha cidade a designar. O xurado integra CSIC, Academia de Ciencias, Secretaría de Universidades, Pastor e Gciencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?