
O contrato, que obrigará a unha permanencia con esta compañía telefónica de dous anos, permitirá aplicar un sistema de tarifado “moito máis económico có actual”, sinala o Goberno local, que engade que tamén se mellorará “o servizo con novos terminais que anovarán por completo a tecnoloxía dispoñible ata o de agora no Concello”. O alcalde Andrés Díaz amosou a súa satisfacción polo acadado na sinatura con Vodafone, máis que nada por o contrato dá solución “aos problemas que padecían varios centros culturais municipais no rural do concello que, a partir de agora, poderán dispoñer de internet, ferramenta imprescindible e que é cada vez máis demandada tanto por mozos como por usuarios de tódalas idades”. No que se refire ao aforro, sinalou que este “permitiralle á Administración local dispoñer de meirande operatividade económica para poder adicala a atender demandas veciñais para mellora-la calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”.
Vodafone levará Internet aos centros culturais municipais de Ponte Caldelas
Compartir Este Artigo

