Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña quere integrar a eAdministración na totalidade dos concellos da provincia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña quere integrar a eAdministración na totalidade dos concellos da provincia

Redacción
Publicado: 26/10/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_coruna_csarkiiwcaaeoom.jpgA Deputación da Coruña presentou o venres os seus vindeiros plans en materia de eAdministración para os concellos. A cita cos alcaldes, os concelleiros e os técnicos das administracións locais da provincia celebrouse na sede da institución que preside Valentín González Formoso. En total, participou case un cento de representantes dos concellos. Na xornada, nun plano máis concreto, déuselles a coñecer as accións de impulso ao eGoberno que desenvolve a institución provincial e máis o novo marco lexislativo que regula este ámbito, un marco, advertiu a Deputación, que “impón un prazo de un ano para a implantación definitiva da eAdministración”.
Na inauguración da xornada, o presidente da Deputación da Coruña sinalou que o afianzamento das novas tecnoloxías nas institucións locais e provincial “é un dos eixes fundamentais da acción da Deputación”. Este eixo non é novo, dixo, “e vénse traballando nel dende hai tempo”, pero a gran novidade é que co novo marco lexislativo “pasamos das intencións ás obrigas”. Por este motivo, o organismo provincial asumiu como reto prioritario integrar a Administración Electrónica en todos os concellos, e así llelo fixo saber aos seus representantes.
deputacion_coruna_csarktswcaefdbs.jpgAo fío do devandito, a institución que preside Valentín González lembrou que ten colaborado ata o día de hoxe “na posta en marcha dun total de 85 sedes electrónicas na provincia e na posta en marcha de máis de 30 portais de transparencia doutros tantos concellos coruñeses, tramitado máis de 50.000 expedientes de xeito integramente dixital e atendido máis de 12.000 actuacións de soporte demandadas dende os municipios durante 2014”.
Durante a xornada, tres municipios de distintas comarcas da provincia amosaron cadansúas experiencias no eido tecnolóxico-dixital. O primeiro foi o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, que salientou a “revolución” que supuxo para o seu concello e para os provedores locais a posibilidade de tramitar as facturas a través da plataforma electrónica AL-SIGM (Sistema Integrado de Xestión Municipal).
Tamén participou expoñendo experiencias TIC o concelleiro de Facenda e Urbanismo de As Pontes, Antonio Alonso, que afirmou que a implantación da Administración Electrónica supuxo un cambio do vello modelo administrativo, “no que un cartafol andaba polos distintos departamentos en busca do funcionario que a amparase”, ao modelo actual no que “funcionarios e políticos traballamos en tempo real sobre o mesmo expediente, compartimos información e documentación e hai procedementos que se poden solapar, coa consecuente axilización do proceso”.
Pola súa banda, o alcalde de Vedra, Carlos Martínez, lembrou que o seu concello xa xestiona licenzas, expedientes, actas de plenos e xuntas de goberno en formato electrónico e espera incorporar a contratación proximamente a este tipo de tramitación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?