Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os artesáns galegos poderán cobrar con tarxeta en feiras e mercados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os artesáns galegos poderán cobrar con tarxeta en feiras e mercados

Redacción
Publicado: 26/10/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

setpay-2.jpgA compañía galega SetPay, única empresa 100% española que comercializa TPV móbiles, vén de pechar un acordo estratéxico coa Asociación Galega de Artesáns (AGA), que agrupa a preto de 300 artesáns galegos, para facilitar aos membros deste colectivo a oferta de pagamento con tarxeta aos seus clientes en calquera localización, a través dun lector de tarxetas tan pequeno como unha calculadora e unha aplicación nun smartphone ou tableta.
A maioría de negocios en mobilidade e pequenos comercios non atenden á crecente demanda de pago con tarxeta por parte dos consumidores, que segundo os datos do Banco de España creceu nos últimos meses. O dispositivo de SetPay permite efectuar cobros desde calquera lugar, sen custos iniciais de alta e sen comisións mínimas mensuais. Un servizo perfecto para profesionais que non teñen unha ampla demanda diaria de pagos con datáfono e que, por tanto, non poden asumir custos de cotas ou penalizacións por baixo uso do servizo.

Contidos
  • Comisións flexibles adaptadas ao volume de vendas
  • O servizo de TPV móbil máis flexible do mercado

Comisións flexibles adaptadas ao volume de vendas

Os clientes de SetPay dispoñen ademais de tarifas adaptadas á súa facturación, de modo que canto máis usen o TPV, menor comisión abonarán. Unha solución pensada para encaixar na realidade de cada negocio e facilitar desde o inicio o crecemento das vendas. Tampouco existen cotas de mantemento ou obrigación de contratar outros produtos, reducindo así os custos fixos ás PEME e ofrecendo unha solución máis flexible que os datáfonos tradicionais.

O servizo de TPV móbil máis flexible do mercado

A marca, con sede en Santiago de Compostela, aposta por adaptar o seu servizo a diferentes colectivos desenvolvendo aplicacións ad hoc segundo as demandas de gremios e pequenos empresarios. Ademais, como vantaxe principal, este datáfono é multibanco, co que non é necesario que os usuarios cambien as súas contas ou produtos financeiros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?