Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Bolechas estrean web-comunidade con novos contidos e servizos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os Bolechas estrean web-comunidade con novos contidos e servizos

Redacción
Publicado: 26/10/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

bolechas_web.jpgHoxe toca falar da nova web duns personaxes ben queridos polos nosos rapaces e, tamén, por boa parte das nais e pais e deses rapaces: a familia de Os Bolechas. A páxina acabada de estrear polos irmáns creados por Pepe Carreiro faino con dominio galego (osbolechas.gal) e coa arela de achegar recursos cen por cen renovados e integradores (un dos obxectivos é xuntar material espallado ata o de agora en diferentes espazos en liña). Tamén hai novos servizos e contidos, como é de agardar. A páxina xorde como resposta ante “o incremento de socios e seareiros da familia Bolechas, así como ante a gran cantidade de materiais creados nos últimos tempos”. En definitiva, Osbolechas.gal é un casa máis grande e mellor para os personaxes de Pepe Carreiro e para os seus pequenos seguidores: unha comunidade interactiva onde hai ben de sitio para acubillalo todo.
A nivel de apartados, a páxina, cuxo desenvolvemento implicou meses de “intenso traballo”, inclúe unha sección de información sobre a familia Bolechas e o seu autor; outro apartado sobre o Universo Bolechas (serie de TV, a caravana itinerante polas nosas vilas e cidades, concursos, xoias, música, obradoiros); outra sobre Novas (onde podemos consultar todas as informacións publicadas dende o ano 2012 así como as novas que van ir envorcando á nova páxina web); e máis unha zona de Xogos (con actividades “para toda a familia con distintos niveis de habilidade e dificultade”.
bolechas_web_xogos.jpgOs creadores da web (Pepe Carreiro e o seu equipo) tamén salientan a incorporación dunha zona de Socios (onde os novos seareiros poden darse de alta para formaren parte do Club dos Bolechas e os que xa son socios gozarán de novas vantaxes e servizos específicos) e máis a inclusión dunha Área Didáctica, presente ata o de agora nalgunhas páxinas temáticas sobre a familia pero contando a partir de xa cun espazo específico de seu. Na Área Didáctica, infórmase, acubíllase material educativo elaborado conxuntamente por pedagogos e profesionais de cada temática e destinado a escolares de Educación Infantil e Primaria. Esta sección, coma as restantes, irá ampliándose co tempo con novos recursos, “de xeito que sexa un espazo vivo e activo onde nais, pais e educadores poidan acudir frecuentemente para xogar e aprender cos cativos da man dos seus personaxes favoritos”, sinalan os creadores da web, que tamén salientan o apartado de Libros (onde se poden consultar as novidades editoriais ou acceder ao libro fala)– e a Canle TV, un espazo que responde ás peticións dos seguidores dos Bolechas por ter os capítulos da serie de televisión dispoñibles en liña as 24 horas do día e accesibles dende onde queiran. Compleméntase todo o ofrecido na web coas diferentes xanelas ás redes sociais onde a familia galega de animación creada por Pepe Carreira ten presenza (Facebook, Twitter e Youtube) e comunidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?