Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Varios centros educativos melloran a súa conexión á Rede de 8 a 200 Mbps
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Varios centros educativos melloran a súa conexión á Rede de 8 a 200 Mbps

Redacción
Publicado: 26/10/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

A AMTEGA vén de ampliar a 200 Mbps a velocidade de conexión a Internet do CEIP Afonso Daniel Rodríguez Castelao de Rianxo, EEI As Dunas Panxón de Nigrán, IES Julio Prieto Nespereira de Ourense, CEIP Luís Pimentel de Lugo, e o IES San Paio de Tui . Grazas a esta mellora os centros, que contaban cunha liña de 8 Mbps, terán un acceso máis efectivo á Rede, sen esperas ou contratempos, permitindo a conexión simultánea dun maior número e o funcionamento de máis aplicacións informáticas cun tempo de resposta adecuado.
O CEIP Afonso Daniel Rodríguez Castelao de Rianxo, o EEI As Dunas Panxón de Nigrán, o IES Julio Prieto Nespereira de Ourense, o CEIP Luís Pimentel de Lugo, e o IES San Paio de Tui, son algúns dos máis de 2.300 centros de servizos públicos beneficiados polas melloras previstas no novo contrato de telecomunicacións da Xunta, que entrou en vigor este ano. Durante tres anos a Administración autonómica incrementará, en máis do triplo de media, o largo de banda de 1.014 centros da área de Educación, 119 de servizos sociosanitarios e 45 sedes xudiciais. Máis da metade dos 2.300 centros nos que se realizarán melloras contarán con conexións á Internet de 100 ou 200 Mbps.
A día de hoxe máis de 250 centros educativos contan con conexións de 100 ou 200 Mbps e desde 2009 as actuacións impulsadas pola Xunta permitiron multiplicar por catro a velocidade media de conexión dos centros educativos dependentes da Administración autonómica. Así, en 2009 a velocidade media situábase en 5,6 Mbps fronte aos 20,5 Mbps de hoxe.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?