Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Ferrol leva a mercadotecnia en liña aos seus empresarios turísticos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Ferrol leva a mercadotecnia en liña aos seus empresarios turísticos

Redacción
Publicado: 27/10/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O primeiro dos obradoiros celebrados serviu para botar luz nas vantaxes do xeomarketing
O primeiro dos obradoiros celebrados serviu para botar luz nas vantaxes do xeomarketing
Este mes de outubro, abranguendo tamén novembro, estase a desenvolver na nosa terra o foro Ferrol Turismo Marketing, unha iniciativa do Concello ferrolá para fortalecer e espallar novos métodos de traballo tecnolóxicos, innovadores e sociais para o turismo e comercio da cidade a súa contorna. O foro vai dirixido, polo tanto, aos profesionais e ás empresas destes dous sectores, aínda que tamén se achegan recursos de valor para estudantes e emprendedores. A actividade abrangue seis obradoiros co nexo común de abrir xanelas a novos xeitos de traballar e apostar por estratexias comunicativas innovadoras.
O primeiro taller celebrouse o pasado martes e xirou arredor da temática do Xeomarketing on line e o turismo. Foi impartido por Gersón Beltrán, profesor da Universidade de Valencia amais de experto na integración de recursos de coñecemento xeográfico e localización a nivel de actividade turístico-empresarial. Neste obradoiro afondouse na metodoloxía do xeomarketing e o seu potencial, unha práctica que achega vantaxes para as empresas e para as contornas nas que se emprazan e que se basea nunha confluencia da mercadotecnia (equivalente galego ao termo marketing) e a xeografía permitindo impulsar un negocio a través de cousas como a localización exacta dos clientes, os puntos de venta, as sucursais dunha empresa ou a posible competencia.
ferrol_foro_turismo_cartaz.jpgAs actividades do foro están a desenvolverse no Hotel Carrís Almirante. O vindeiro obradoiro a celebrar desenvolverase baixo o epígrafe Estratexia e creatividade para unha comunicación de marca diferencial e eficaz, o 30 e 31 de outubro,de 16:00 a 21:00 o venres, e o sábado, de 9:00 a 14:00 horas. Será impartido de maneira conxunta por Gema Garrido e Juan Boronat, socios na empresa The Kreative Room, unha firma destinada entre outras cousas a trasladar o labor de promoción empresarial ao ámbito da “comunicación racional e emocional” a todo tipo de formatos.
O foro continuará en novembro cos seguintes obradoiros Crear, compartir, vender: o blog de empresa (6 e 7 de novembro, de 17:00 a 21:00 o venres, e de 10:00 a 14:00 o sábado), Videomarketing para a empresa turística (o 13 de novembro, de 10:00 a 13:30 e de 15:30 a 19:30 horas), Lean Startup para negocios e Plan de comunicación emocional (os días 20 e 21 de novembro; o venres de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, e o sábado de 10:00 a 14:00) e Iniciación á estratexia en redes sociais (o 27 de novembro, de 17:00 a 21:00 horas).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?