Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xa hai finalistas dos Premios Clúster TIC Galicia, que se entregan mañá en LibreCon
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xa hai finalistas dos Premios Clúster TIC Galicia, que se entregan mañá en LibreCon

Redacción
Publicado: 28/10/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

premiosxeral.jpgO congreso LibreCon que comeza mañá na Cidade da Cultura de Santiago, amosando ante o mundo o noso espírito innovador e emprendedor en materia de software libre, vai acoller a entrega duns galardóns encamiñados -precisamente- a visualizar e recoñecer a nosa capacidade de achegar ao mercado recursos open source novos e referenciais. Falamos dos Premios Clúster TIC Galicia, convocados pola plataforma do mesmo nome, organizadora (tamén) do evento LibreCon xunto con AGASOL e ASOLIF. Os galardóns, que se estrean este ano, entregaranse este xoves. Segundo comunica o Clúster TIC, xa hai finalistas.
Foron dados a coñecer polo comité avaliador experto do certame, que cualificou o traballo de selección de “complicado”, dado o alto nivel das 34 candidaturas presentadas.
Os finalistas son:
· Categoría Innovación:
Avansig (A Coruña)
EGATEL (San Cibrao das Viñas)
Sinergia G6 (O Porriño)
· Categoría Internacionalización:
Igalia (A Coruña)
Quobis (O Porriño)
Optare Solutions (Vigo)
· Categoría Liderado TIC:
Altia CONSULTORES (A Coruña)
CPEIG (Santiago de Compostela)
Hewlett Packard Servizos (Santiago de Compostela)
· Categoría Startup:
Appentra Solutions (A Coruña)
Brookesia Design and Technologies (San Cibrao das Viñas)
Domesting (A Coruña)
· Categoría Software Libre:
Igalia (A Coruña)
Librebit (Vigo)
Paco&Lola (Meaño)
Os gañadores non se desvelarán ata a gala de entrega dos premios.
Sobre a gala dos premios
Como dixemos, a gala terá lugar no marco do evento LibreCon 2015 o día 29 de outubro ás 19:30 h. na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. A asistencia é gratuíta previa inscrición. Por seren galardóns de honra que distinguen a calidade, os premios non comportan dotación económica, os gañadores recibirán un trofeo representativo e exclusivo.
Sobre os galardóns
Segundo informa o Clúster TIC Galicia, nacen para estimular e recoñecer o traballo de todos os axentes comprometidos co desenvolvemento do tecido produtivo baseado na Sociedade da Información. Con esta iniciativa, quérese pór de relevo ante a sociedade o labor das empresas, profesionais ou entidades que deseñan, programan, desenvolven, implantan ou usan produtos ou servizos galegos que teñen na innovación e no uso das novas tecnoloxías a súa razón de ser. A participación está aberta a todas aquelas empresas/entidades que realicen proxectos no campo das tecnoloxías da información e as comunicacións, ben sexa como provedores ou como entidades usuarias de produtos e servizos TIC galegos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?