Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Agrupación Aeroespacial da UVigo traballará nun proxecto para desviar un asteroide da súa órbita
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Agrupación Aeroespacial da UVigo traballará nun proxecto para desviar un asteroide da súa órbita

Redacción
Publicado: 03/11/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_agrupacion_aeroespacial.jpgA Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo presentou os días pasados un novo fito histórico para a súa andaina, para a institución educativa na que se insire e para o noso tecido investigador por enteiro. Así, mentres aínda temos recente o lanzamento do terceiro satélite vigués (o SERPENS, impulsado e desenvolvido pola Agrupación), o equipo de investigadores da UVigo coordinados polo profesor Fernando Aguado dá a coñecer que vén de asinar un contrato coa Axencia Espacial Europea (ESA) para formar parte de AIM (Asteroid Impact Mission), o primeiro programa sobre defensa espacial da ESA. Segundo informa a Universidade, trátase dunha misión posta en marcha para avaliar unha técnica achegada para desviar un asteroide (“impactador cinético”) próximo á Terra e, tamén, para estudalo.
Un dos retos concretos do proxecto é lanzar en 2020 un pequeno satélite para estudar de preto o asteroide binario Didymos. Terá 700 quilos de peso e levará no seu interior dous pequenos satélites de tres unidades de cubesat e varios experimentos para realizar mapas en 3D. Trátase da primeira parte dunha misión espacial denominada AIDA que completará a NASA co lanzamento en xullo de 2021 dunha sonda que choque contra esa lúa para tentar modificar a traxectoria da órbita do asteroide e “construír modelos de impacto que poidan servir para desviar nun futuro corpos que se dirixan cara a Terra”, informa a Universidade de Vigo, que lembra que o papel da Agrupación Aeroespacial de seu será “desenvolver un dos catro conceptos de operación que inclúan tecnoloxía propia do consorcio que deberá levar ante a ESA, que elixirá para a seguinte fase a dúas das propostas presentadas ou integrará diferentes partes das catro en función da análise das solucións expostas”.
O proxecto no que traballará a Universidade de Vigo é DustCube, un cubesat que se vai emprazar a unha distancia de entre 2 e 4 quilómetros do asteroide e que, engade a Universidade, “encargarase de avaliar os anacos de po e rochas que se desprendan tras a colisión (tamaño, forma, densidade…) e a composición mineral dos fragmentos, o que lle dará aos científicos moita información sobre a orixe do asteroide, a súa idade, etc”. O fornecemento deste satélite, engade, fará posible igualmente cuantificar a degradación das comunicacións ópticas entre a nave AIM e a Terra provocadas pola nube de po, “así como probar un sistema de comunicación entre satélites, xa que o tamaño dos cubesats obriga a enviar a sinal ao AIM para que este o derive a unha estación terrestre”.
Nesta nova aventura a Agrupación Aeroespacial contará con dous parceiros, a empresa suíza Micos, especializada en óptica e que se encargará da parte máis científica do proxecto, e a Universidade de Boloña, que se responsabilizará da parte de propulsión do satélite. A Universidade de Vigo sería a encargada de desenvolver a plataforma dun satélite 3U de tamaño semellante ao recentemente lanzado SERPENS (estrutura, potencia e ordenador de abordo para procesado de datos, protocolos de comunicación), das operacións, de dirixir o proxecto e de coordinar toda a misión.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?